Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Mostra de xoguetes populares no Museo do Pobo Galego

O día 12 de maio o Museo do Pobo Galego, inaugura a exposición, Enredos e ixolas, unha mostra de cento cincuenta xoguetes, entre orixinais e reproduccións. Os xoguetes están feitos cos materiais de uso cotiá no campo, madeira, canas, follato do millo ou follas de carballo. Moitos dos enredos foron cedidos por particulares A mostra pretende achegarse ao mundo dos nenos galegos, facendo un percorrido pola historia dos xogos populares dos séculos XIX e XX. A exposición permanecerá aberta ata finais de xuño no Auditorio do Museo. Os centros escolares que desexen visitala poden facelo poñéndose en contacto co Departamento de Educación da Institución.
No ano 1958 Xaquín Lorenzo, publicaba Enredos na Revista de Dialectología y Tradiciones Populares de Madrid, traballo ilustrado con 48 debuxos tamén da súa autoría.
Moitos autores, tanto dende a pedagoxía como dende a etnografía ou a antropoloxía, abordaron e abordan a tarefa de explicar o porque e o para que dun xogo Os xogos e xoguetes, como elementos que contribúen a aprendizaxe e a adquisición de experiencias, están directamente conectados coa cultura na que se producen. O éxodo rural cara ás cidades, a mecanización do campo e a incorporación de parte das características do medio urbano ao estilo de vida no rural, supuxeron a desaparición, case total, dos enredos, aparecendo o xoguete industrial, favorecendo o xogo individual, ao colectivo e socializador dos xoguetes antigos, realizados polos mesmos cativos ou adultos próximos. Os xoguetes teñen un valor histórico (referencia á vida cotiá, da infancia da educación) e etnográfico, antropolóxico e filolóxico (literatura oral dos xogos, o léxico e materiais utilizados) . Os xoguetes presentados nesta nesta exposición, forman parte da historia colectiva e tamén individual daqueles que xogaron con eles nun tempo aínda próximo.
Comunicación - Museo do Pobo Galego

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información