Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Antonio Vega e Luis Eduardo Aute, protagonistas do I Festival de Autor Cidade de Compostela

O polifacético artista español Luis Eduardo Aute e o exlíder de Nacha Pop, Antonio Vega, actuarán xuntos o sábado 21 de abril no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago, no marco do I Festival de Autor Cidade de Compostela. O concerto, organizado pola Concellaría de Cultura e a productora GX (froito da unión entre Xana Producións e Gabba Gabba Hey), ten previsto o seu comezo ás 21:00 horas.

O I Festival de Autor Cidade de Compostela reúne por primeira vez en oito anos ós dous músicos nun concerto único en España. O público poderá escoitar en directo xoias musicais como “La belleza” ou “Al alba”, de Aute, ou os exitosos temas “Esperando nada” ou “Se dejaba llevar”, firmados polo rostro da movida dos oitenta, Antonio Vega.

Segundo a organización do evento, puxéronse á venda 5.000 localidades e tan só nos dous primeiros días despacháronse 1.500. O prezo da entrada anticipada é de 20 euros e pódese adquirir nas tendas de Compostela Discos Gong e Discoprecio; na Coruña en Discos Portobello e en Cuatro Caminos; en Vigo en Discos Gong; e en Lugo en Muralla Discos. O día do concerto estarán á venda no despacho de billetes do Multiusos a un prezo de 25 euros.

LUIS EDUARDO AUTE

Luis Eduardo Aute, nacido en Manila (Filipinas) en 1943, editou o seu primeiro disco, Aleluya nº1, no ano 1967. Para celebrar os seus corenta anos no mundo da música acaba de publicar o seu álbum número 29, A día de hoy, un disco que recolle 14 novas cancións cantadas en español, en francés e en inglés. Entroutros temas inclúe “Alone with you”, adicada a Sharon Stone, ou “Imaginación”, unha canción homenaxe a John Lennon.

ANTONIO VEGA

O autor de “La chica de ayer” e músico de referencia no panorama da música en España, Antonio Vega, sacou ó mercado o seu último traballo hai dous anos. 3000 noches con Marga (2005) é un tributo á Margarita del Río, a compañeira sentimental de Vega e coautora de algúns dos seus temas máis coñecidos que faleceu no 2004.
Chelo Suárez (responsable de Comunicación Multiusos Fontes do Sar)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información