Forte presenza do audiovisual galego na 13ª Mostra de Lleida
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/curtas_06_portada.jpg)
Outro dos traballos seleccionados para a competición oficial é o documental “Exilios”, que a produtora Acuarela Comunicación deu a coñecer no transcurso destes encontros.
Ademais, unha das producións beneficiarias na primeira convocatoria das axudas do programa de coprodución Raíces, “Abrígate” competirá na sección oficial a concurso. A película está producida por Continental, Oberón Cinematográfica e Patagonik e tamén conta coa colaboración da TVG. A participación desta película na Mostra de Lleida constitúe a preestrea do filme, ópera prima do director galego Ramón Costafreda.
Por último, outra produción galega que estará presente en Lleida será “Concursante”, recentemente estreada nas pantallas a nivel nacional, e que será apoiada pola presenza dun dos seus protagonistas Leonardo Sbaraglia.
Continúase deste xeito, o labor do Consorcio Audiovisual de Galicia para promocionar o audiovisual galego en citas tan importantes como o recente Festival de Málaga, onde dúas das catro películas con produción galega foron premiadas. Este foi o caso do filme “El menor de los males” que obtivo premios ao mellor guión, mellor actriz de reparto e mellor vestiario; e da película “Concursante”, que recibía o premio da crítica e o premio á mellor fotografía.
Consorcio Audiovisual de Galicia