Asínase un protocolo de intercambio audiovisual Galicia-Brasil
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asina en São Paulo un Protocolo de intercambio cinematográfico e audiovisual entre Galicia e Brasil coa fin de potenciar a colaboración entre as industrias do sector de ambos países. O acto ten lugar no marco do I Encontro Audiovisual Brasil-Galicia, que se vai celebrar na cidade brasileira entre o 16 e o 18 de marzo, e que aglutinará a representantes das máis importantes produtoras de Galicia e Brasil, amais de responsables de festivais e distribuidores.
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, asinarán o Protocolo de Intercambio Cinematográfico e Audiovisual Brasil-Galicia co secretario do Audiovisual de Brasil, Orlando Senna e o presidente da ANCINE, Manoel Rangel. Ademais todos eles participarán ademais nun xantar institucional cos produtores participantes no Encontro Audiovisual
O Encontro está organizado conxuntamente pola Xunta de Galicia, a través do Consorcio Audiovisual e o Goberno de Brasil, a través da Cinemateca Brasileira e o programa Cinema do Brasil 2007, coa colaboración do Instituto Cervantes, e no seu programa constan conferencias de expertos e encontros individuais entre as empresas, destinados a favorecer a coprodución e o intercambio en materia cinematográfica.
O mesmo día 16 de marzo, coincidindo coa xornada inaugural do Encontro, o presidente da Xunta inaugurará unha Mostra de Cine Galego, nos Cines HSBC Belas Artes de São Paulo, nun acto no que tamén participarán, ademais de Fernando Salgado, o director do Instituto Cervantes de São Paulo, Manuel Casado, o director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta, Manuel José Fernández Iglesias e o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela.
O filme inaugural desta mostra será Un franco, catorce pesetas, a opera prima como director de Carlos Iglesias, que será presentada pola produtora executiva de Adivina Producciones.
O obxectivo desta iniciativa é que distribuidores e representantes de festivais coñezan de primeira man as producións galegas que poden ser obxecto de distribución ou participación en seccións de diferentes festivais. Entre os filmes que se proxectarán están León e olvido, Romasanta, O soño dunha noite de San Xoán, Mia Sarah, De bares, De profundis, As voces do Prestige e Santa Liberdade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia