Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Xacobeo inaugura en Astorga unha exposición fotográfica do Camiño

O albergue de peregrinos de Astorga acolle ata o día 29 de marzo a exposición Peregrinos de Occidente que organiza a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. En horario de luns a venres de 18 a 21 horas e de sábados e domingos de 12 a 14 horas os asturicenses e máis todos aqueles turistas e peregrinos que a visiten poderán gozar de magníficas instantáneas do Camiño de Santiago.

O director xeral de Turismo, Rubén C. Lois e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar, entre outras autoridades locais cuxos organismos colaboraron no proxecto, foron os encargados de inaugurar a mostra que se pode visitar en Astorga. A principal finalidade deste proxecto expositivo é destacar a importancia e multiplicidade de perspectivas desde as que se poden captar os valores sociais, culturais, espirituais e naturais da ruta xacobea ao seu paso por terras galegas a través do obxectivo de cinco recoñecidos autores: Tono Arias, Juan Rodríguez, Tino Martínez, Vari Caramés e Xurxo Lobato.

Tono Arias condúcenos polas formas e culto e a cultura xacobeos amosándonos as paisaxes que percorren un Camiño de soidades e, á vez, de encontro e sentimentos; nese camiño, o esforzo e o gozo conviven nese afán por acadar a meta, Compostela, para superar o Pórtico da Gloria, como penúltimo paso antes de ser recibidos por Santiago o Maior.

O percorrido de Juan Rodríguez comeza na costa inglesa e chega por mar a dous dos máis importantes enclaves da costa de Galicia: A Coruña e Ferrol. Dende aí parten as dúas posibles alternativas do chamado Camiño Inglés, a ruta proposta discorre por dous lugares nos que as referencias ao mundo anglosaxón se fan máis evidentes, xa sexa a través de devocións ou de pezas chegadas dende aquelas terras.

Tino Martínez e Vari Caramés retratan con gran perfección a meta compostelana, pero con visións moi diferentes. O primeiro deles mostra unha cidade solitaria na que a pedra dos seus monumentos urbanos se alía coa noite para plasmar unhas rúas envoltas nun sobrecolledor silencio. Para Vari, trátase dunha cidade en branco e negro, dinamizada polas luces e as sombras, e polo ir e vir das súas xentes.

E máis aló de Compostela, Xurxo Lobato condúcenos polos sendeiros que levan ata a Costa da Morte, reflictindo a contraposición entre a forza dunha natureza desatada e a pegada que sobre ela deixan as actuacións humanas. É o camiño que conduce ao lugar no que, durante séculos, a Terra se acaba para dar paso a un mar infinito.

Peregrinos de Occidente é unha mostra itinerante que ten por obxecto levar as imaxes do Camiño de Santiago polo resto da península. A próxima sede na que se poderá visitar será o Auditorio Municipal ‘Carmelo Gómez’ de Sahagún no mes de abril.








Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información