Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz, entre os dez mellores libros de literatura xuvenil do mundo

O Banco del Libro de Venezuela -institución sen ánimo de lucro con prestixio internacional dedicada á elaboración de plans de fomento de lectura, estudos sobre prácticas lectoras e control de calidade do material elaborado para nenos e mozos en todo o mundo- acaba de facer pública a selección correspondente a 2006 na que, segundo o criterio dos seus lectores e asesores (entre os que se atopan editores, escritores, docentes e investigadores de distintas nacionalidade), se salienta a calidade de dez obra destinadas ao público xuvenil como as mellores do mundo.

Nesta selección, a Editorial Galaxia cábelle o orgullo de anunciar que un libro publicado dentro da colección Costa Oeste foi seleccionado entre esa decena de mellores publicacións para mozos. Trátase da novela O armiño dorme, de Xosé A. Neira Cruz, anteriormente galardoada co IV Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña en 2002.

[FOTO2]XOSÉ ANTONIO NEIRA CRUZ (Compostela, 1968) é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía Italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán. Actualmente é responsable das coleccións infantil e xuvenil de Editorial Galaxia.


Máis información en:
http://www.bancodellibro.org.ve/portal/index.php?option=com_content&task=view&id=293&Itemid=188

Editorial Galaxia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información