Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os centros de estudos galegos de Gales e Escocia promoven unha revista electrónica sobre o galego

Os centros de estudos galegos de Bangor, en Gales, e Stirling, en Escocia, promoven a edición dunha nova revista electrónica sobre a lingua galega que vai estar dispoñible de balde na rede no ano 2008. Galicia 21: journal of contemporary galician studies é o nome desta nova publicación, destinada a achegar aproximacións multidisciplinares a temas de crecente e actual interese no eido dos estudos galegos. Será a única publicación dedicada exclusivamente a este ámbito de estudo nun país anglosaxón.

Os responsables desta iniciativa son os directores dos centros de estudos de Bangor, Helena Miguélez-Carballeira, e de Stirling, Craig Patterson, que contan coa colaboración do profesorado lector de galego desas universidades e tamén coas achegas doutros profesores lectores e de responsables académicos. O
Consello Editorial da revista está integrado por académicos e académicas das tres universidades galegas e de dez universidades diferentes do Reino Unido, do resto de Europa e dos Estados Unidos.

Na actualidade, Galicia 21 mantén aberta a posibilidade de que as persoas interesadas remitan artigos e críticas para o número inaugural. Estes poderánselle remitir a calquera dos responsables da revista, Craig Patterson (craig.patterson@stir.ac.uk) ou Helena Miguélez-Carballeira (h.m.carballeira@bangor.ac.uk).

A rede de centros de estudos galegos e lectorados promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ten un gran dinamismo e organiza múltiples actividades que superan o ámbito estritamente académico, co obxectivo de proxectar exteriormente a nosa lingua e a nosa cultura. Na actualidade, e grazas en boa parte ao traballo destes centros, o galego é obxecto de estudo e investigación en universidades de todo o mundo.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información