O dramaturgo Manuel Lourenzo, gañador do XXIII Premio Celanova Casa dos Poetas
O xurado do premio Celanova, Casa dos Poetas, presidido por Antonio Mouriño Villar e do que formaron parte nesta ocasión os patróns da Fundación que á marxe se expresa, logo de ter deliberado sobre as propostas internas presentadas e valoradas as traxectorias biográficas de todos eles no campo da defensa da cultura galega e de Galicia, por unanimidade acordou resolver o que segue:
Concederlle o XXIII Premio Celanova, Casa dos poetas ó dramaturgo Manuel Lourenzo, polo seu compromiso en prol do teatro galego e universal, como espello dos problemas sociais e existenciais ós que se enfronta o ser humano.
O gañador do XXIII Premio Celanova, Casa dos Poetas, membro da xeración Abrente, foi un dos fundadores do teatro galego contemporáneo nos anos 60, xénese vencellada ó Festival de Teatro de Ribadavia.
Premio Nacional de Literatura Dramática, a Fundación Curros Enríquez non premia nesta ocasión soamente a un representante da nosa escrita dramática, senón a un home adicado en corpo e alma á tódalas dimensións da arte teatral: actor, director, productor, teórico, profesor... Dende a sua modestia e honestidade intelectual, Lourenzo desenvolve dende hai corenta anos unha incansable actividade no eido das artes escénicas, en Galicia e dende Galicia.
A entrega do galardón ten lugar na Casa dos Poetas o día 2 de setembro, por ser a domingo máis próximo ó día 31 de agosto (data do cabodano de Celso Emilio Ferreiro), a partir das 11,30 horas.
No transcurso deste acto, o presidente da Fundación entregaralle ó premiado a medalla de prata conmemorativa do galardón, na que se fai un alegato simbólico á figura dos tres grandes poetas de Celanova, así como unha placa na que se recolle un fragmento da acta que certifica a concesión do premio.
A Fundación Curros Enríquez aproba un orzamento anual de 61 mil euros
O Padroado da Fundación Curros Enríquez, que se reuniu na sala da lareira, para, entre outras cousas, fallar e dar a coñecer o nome do gañador da XXIII edición do Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, acordou aprobar un orzamento anual de 61 mil euros que aportan en distintas proporcións algúns dos patróns institucionais como o Concello de Celanova, a Deputación Provincial, a Consellería de Cultura, a Consellería de Educación, Caixanova e Caixa Galicia, mentres que aqueloutros patróns que non aportan cantidades concretas ó orzamento ordinario da Fundación como o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as tres Universidades galegas se comprometen a colaborar na organización de actividades conxuntas a nivel expositivo ou de promoción dos autores de Celanova.
Ademais de acordar a continuación na adquisición de libros para continuar a conformar a biblioteca da Casa e tratar de conseguir que sexa a máis completa sobre a abondosa bibliografía existente sobre Celanova, a súa historia e os seus autores, e que na medida na que vaia conseguindo fondos documentais empezará a ofrecer servicio de consulta, o Padroado da Fundación debateu sobre un ambicioso programa de actividades que vai máis alá dun mero programa anual e que pretende servir de guión de traballo para o funcionamento continuo da entidade.
Entre as actividades nas que xa está a traballar destaca a promoción dun programa de visitas a Celanova no que Curros será o fío conductor entre os centros escolares de todo Galicia. Esta proposta denominada “O Curros de Celanova” está tendo unha moi boa acollida, sendo nove os centros que xa confirmaron o seu interese na realización do percorrido guiado que os levará por Celanova (Casa dos Poetas e Mosteiro de San Salvador) para a continuación realizar a Ruta Currosiana que os levará a Vilanova dos Infantes, onde visitarán a virxe do cristal e a vila natal da nai de Curros.
Catro serán os cursos nos que a Fundación Curros Enríquez se implicará en diferente medida. Un dos organizados por esta entidade acollerá aos poetas novos de Galicia, outro estará destinado a xornalistas en colaboraciónAsociación de Periodistas Europeos e outro abordará o tema do Patrimonio - Medio Ambiente en colanoración coa Universidade Menéndez y Pelayo.
No que respecta aos contidos da casa-museo, unha das salas de exposicións centrarase no tema da “Virxe do Cristal”. Exporase diversa documentación entre a que destaca unha reproducción das fotografías que nos anos 20 realizou o fotógrafo pontevedrés Joaquín Pintos sobre o devandito poema e cuxas imaxes orixinais conserva o Museo Arqueolóxico de Pontevedra.
A relación dos escritores coa música ten tamén o seu protagonismo na posible edición dun disco de María do ceo con versións dos poetas celanoveses e na adquisición de mp3 nos que se poderán escoitar versións dos poemas na voz doutros autores o cal será un complemento máis das visitas á casa natal de Curros.
Por outra banda, a páxina web da Fundación www.currosenriquez.com irá sendo enriquecida con nova información a medida que esta se vaia producindo e onde calquera se poderá informar dos actos que se vaian desenvolvendo durante o ano.
Nesta reunión aprobáronse tamén as exposicións que permanecerán temporalmente na Casa dos Poetas e nas que os protagonistas serán Baldo Ramos, Virxilio (galardoado co XXII premio “Celanova, Casa dos Poetas”, a Fundación Wenceslao Fernández Flórez e, por suposto, Curros Enríquez.
Durante este ano e o do centenario a Fundación Curros Enríquez acordou abordar máis profundamente a faceta xornalística do poeta celanovés. Constitúe este un intento de promocionar a aportación de Curros a través do seu traballo como xornalista que sempre ficou á sombra da súa poesía. Preparase para isto, neste exercicio, unha exposición na que se resuma a súa labor nos xornais tanto en Madrid, Cuba coma en Galicia, tendo tamén presente a admiración que en moitas ocasións deixou patente nos seus artigos pola literatura portuguesa.
Outra das novidades deste ano é a organización de excursións nas que se invitará a coñecer outras fundacións e casas-museo de escritores de Galicia e que terán como tema un texto dos nosos autores. Así ocorreu xa coa visita organizada á Coruña na que o poema de agradecemento á cidade da Coruña de Curros pola súa homenaxe foi a escusa para visitar a estatua do poeta nos Xardíns de Méndez Núñez.
A Horta da Palabra é o espacio escollido para acoller un ciclo de actuacións baixo o lema “Anoiteceres na Horta da Palabra”.
Finalmente nos próximos meses publicarase a guía literaria sobre Celanova en base a unha axuda económica concedida pola Dirección General de Promoción e Difusión Cultural do Ministerio de Cultura, continuarase promocionando as novas publicacións dos autores da vila así como organizando diversos obradoiros e traballando na transformación de Celanova nunha vila realmente literaria pondo a andar un vello proxecto de sacar os poemas cos que os autores de Celanova cantaron á súa terra natal, á rúa, instalando pequenos paneis con fragmentos deses poemas en distintos recantos do casco urbano de forma que calquera paseante ou visitante poida achegarse ás obras dos poetas celanovenses co simple exercicio dun paseo, creando así un roteiro urbano-literario por lugares como a “Calle Arriba”, a Pedra da Moa, o vello Mosteiro ou a Alameda, que forman parte indeleble dos libros de Curros, Celso Emilio ou Castor Elices.

Fundación Curros Enríquez