Cinco grupos de España e Francia participan no II Encontro Europeo de Danza Universitaria O peso do Camiño
O II Encontro Europeo de Danza Universitaria, que se desenvolverá do 26 ao 29 de abril en Santiago e Lugo baixo o lema O peso do Camiño, abordará a integración da multiculturalidade a través da convivencia dos compoñentes das compañías participantes, que nesta ocasión proceden de Madrid, País Vasco e Nantes (Francia). As actuacións oficiais terán lugar na Igrexa da Universidade de Santiago e no Museo Provincial de Lugo. A maiores faranse postas en escena nas facultades de Xornalismo e Veterinaria co obxectivo de aproximar esta arte á comunidade universitaria en xeral. Todas as actuacións serán de entrada libre.
O Espazo de Danza da USC procura deste xeito que as universidades participantes se convertan nun único actor envorcado na expresión de sentimentos a través do movemento, máis aló da técnica, segundo informaron esta mañá a vicerreitora de Extensión Cultural, Mar Lorenzo, e o director do Espazo de Danza da Universidade de Santiago, Juan Carlos Zahera.
Procurarase así a democratización do baile dentro da escena universitaria, meta que o Espazo de Danza da USC promove ao longo do ano nos seus cursos de danza contemporánea, de danza clásica infantil e de bailes de salón. A transmisión de sentimentos máis aló de consideracións técnicas ou estéticas tamén se apropia do Taller Coreográfico no que se prepara e ensaia a peza que representa a USC no II Encontro de Danza Universitaria. Esta interpretación, que este curso dirixe Norma Ros, tamén se exhibe nos certames nacionais e estranxeiros aos que a universidade acode como invitada.
O programa do Encontro
O Encontro dará comezo o día 26 na Igrexa da Universidade ás 20:30 horas, para ao día seguinte, o martes, continuar ás 13:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación, e ás 20:30 horas novamente na Igrexa da Universidade. O encontro rematará en Santiago cunha actuación na Facultade de Ciencias da Comunicación o mércores, día 28, ás 11:00 horas.
Pola súa banda, no Campus de Lugo, o ciclo dará comezo o mércores 28 cunha posta en escea a partir das 20:30 horas na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial de Lugo. O encontro rematará o día seguinte, o xoves 29, con dúas novas actuacións, ás 12:00 horas na Facultade de Veterinaria e ás 20:30 horas novamente na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial de Lugo.
As funcións
Neste encontro o Espazo de Danza da USC representará Sínteo…, obra de 12 minutos que ten como argumento a razas con diferentes educacións, crenzas, rexións, enfróntanse entre si cos seus medos, ambicións, para formar un todo a través das súas distintas sensacións. A dirección artística desta obra correspóndelle a Juan Carlos Zahera coa coreografía de Norma Ros.
A Compañía Asubío, tamén da USC, escenificará Tres mulleres, unha esencia, na que se presentan a tres mulleres con distintas crenzas, con xeografías alonxadas, con herdanzas dispares pero unidas por unha condena. Tres mulleres sometidas a algún tipo de escravitude e cargadas cunha inmensa ansia de liberación. A coreografía desta obra doutros 12 minutos de duración é da autoría de M.J. Nogueir e C. Lata. Asubío é unha compañía nacida dentro do propio Espazo de Danza da USC, o que para Juan Carlos Zahera significa que a labor de investigación que desenvolve na USC dá os froitos desexados, motivando a iniciativa propia dos alumnos que deste xeito se convirten non só en bailaríns senón tamén en directores artísticos ou coreógrafos.
Taille Unique, da Universidade de Nantes (Francia), trae a este II Encontro Internacional a obra Humores, que nace dunha experimentación entre a palabra e a danza inspirada polos textos de Hipócrates e outros autores. Os bailaríns xogan durante 20 minutos co imaxinario do corpor e a súa representación, creando un espazo sonoro coa voz e a música composta para a coreografía. Tanto a dirección artística como a coreografía son de Françcoise Chedmail.
Pola sá banda, o Laboratorio de Danza da Universidade Carlos III de Madrid representará de Nueva York a Parla sustentada na idea de que de Nova York a Parla, pasando por Bos Aires, Casablanca, Madrid e Burgos unha liña invisible unirá para sempre as nosas vidas. Eva Sanz é a persoa responsable da dirección artística e a coreografía desta peza de 20 minutos.
Finalmente, Enborra-(Tronco) é o título da obra que escenificará a Aula de Danza da Universidade do País Vasco, Campus de Leioa, e que os seus responsables explican dende a consideración de que se depós toda a túa propulsión e límite no outro, perderás a gravidade da túa órbita e destino. Idoia Zabaleta é a responsable da súa dirección artística e coregrafía.
Espazo de Danza da USC
Dende a súa creación en 1997, o Espazo de Danza da USC avanza no seu desexo de converterse nun laboratorio de experiencias contemporáneas, para o que traballa con todos os integrantes da comunidade universitaria . No caso do Campus de Lugo tamén estende esta vocación a nenos maiores de 5 anos. Pretende así que os actuais aprendices se convertan en potenciais creadores artísticos con espacios propios de expresión.
Ao longo destes seis anos abriuse o abano de participantes nas iniciativas do Espazo de Danza, de xeito que non existe un perfil predefinido dos involucrados nesta modalidade artística. Na maioría dos casos trátase de aprendices con experiencia previa en centros privados que desexan acadar niveis máis altos sen perder a perspectiva dentro dunha compañía afeccionada. Aínda así, os cursos e talleres están abertos a calquera interesado, pois entre os seus obxectivos tamén se atopa a erradicación de tensións físicas e psicolóxicas.

Gabinete de Comunicación de la USC