A revista galega de cultura e comunicación, Serendipia, xa está en Internet
O primeiro número de Serendipia, a nova revista galega de cultura e comunicación, xa está en Internet. Co pulo editorial de Dardo ds, a publicación recolle no seu exemplar de presentación entrevistas a Cristina Saavedra, Yolanda Castaño e Manuel Vilariño ou Manuel Lozano, así como colaboracións de José Miguel A. Giráldez e Carmen Blanco.Co deseño como unha das súas principais armas, a acollida dos lectores e o interese do sector privado para apoiar a revista están sendo moi satisfactorios.
Nos primeiros días de marzo chega ademais aos quioscos o número 2 de Serendipia, cun especial monográfico sobre a Cidade da Cultura vista dunha perspectiva arquitectónica, cultural e económica, á marxe doutros contidos.
Serendipia


