Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consorcio Audiovisual presenta o catálogo Rodar e Producir en Galicia 2005-2007

No marco do Berlinale Co-Production Market o Consorcio Audiovisual de Galicia, Catalan Films & Tv e o Centro de Desarrollo Audiovisual presentarán internacionalmente o programa Raíces

Algunhas das novas producións galegas farán a súa presentación internacional no primeiro dos mercados de cine máis importantes do mundo, o EUROPEAN FILM MARKET, que se celebra en paralelo ao Festival Internacional de Cine de Berlín – Berlinale.

Este ano o European Film Market ten lugar do 8 ao 18 de febreiro no Martin-Gropius-Bau, onde o Consorcio Audiovisual de Galicia habilitará un stand – paraugas xunto coas institucións españolas de promoción exterior audiovisual ICEX-FAPAE, ICAA, Catalan Films & TV e PromoMadrid, ademais das axencias de vendas internacionais españolas máis relevantes (Latido, KWA, Sogepaq e Lola Films) e Televisión Española.

O Consorcio asiste a este mercado cun novo catálogo de produción “RODAR E PRODUCIR EN GALICIA 2005-2007” coas obras audiovisuais máis recentes feitas en Galicia e por empresas galegas. Con este catálogo quérese levar a cabo un labor de intermediación, presentándoo a tantos distribuidores, canles de televisión e axencias de ventas internacionais como sexa posible.

Ademais de presentar a produción galega, preténdese promocionar o noso país como plató de rodaxe. Comezando no European Film Market, este catálogo será obxecto de presentación noutros mercados e foros internacionais, e estará dispoñible na rede tanto na páxina web do Consorcio Audiovisual de Galicia como na da Galicia Film Commission.

No marco deste importante mercado de cine, a candidata aos Goya 2006 á mellor longametraxe de animación, De Profundis e a gañadora do mesmo, Pérez, o ratiño dos teus soños, daranse a coñecer internacionalmente ao igual que Mia Sarah, De Bares, Un franco, 14 pesetas e O Concursante, nas distintas proxeccións de mercado que se van realizar.

O Consorcio Audiovisual de Galicia, ademais de brindar apoio loxístico ás empresas galegas, este ano, xunto con Catalan Films & TV e o Centro de Desarrollo Audiovisual (pertencente ao ICIC) vai colaborar no acto de presentación dun dos seus programas máis importantes, o Fondo Raíces.

Este programa é un acordo de cara á coprodución, que vai pola súa 3ª convocatoria e xa permitiu a seis producións beneficiarse das súas axudas. Precisamente, Pérez, o ratiño dos teus soños de Filmax, Abrígate de Continental Producciones, La velocidad funda el olvido de Ardora Filmes e O neno de barro de Adivina Producciones son catro das máis recentes producións galegas beneficiadas deste acordo que o Consorcio ten asinado con Cataluña, Arxentina e Andalucía, rexión que se adheriu en setembro pasado.

Este programa vai ser presentado internacionalmente no marco do Berlinale Co-Production Market; foro onde as produtoras poden ter reunións bilaterais con coprodutores, distribuidores, axentes de vendas internacionais, representantes de canles de televisión e inversores, etc.

Dada a relevancia deste mercado e foro de coprodución as empresas galegas Vaca Films Studio, Adivina Producciones, Continental Producciones, Theseus Films, Acuarela Comunicación, IB Cinema, Ardora Films, Cabo Sam Lourenzo Missións Espectaculares, Trama Control Z e Artemática presentarán internacionalmente as súas empresas e os seus produtos actuais no encontro de coprodución que tamén terá lugar.

Ademais deste acto de presentación, no pavillón español vaise propiciar que as empresas españolas presentes no mercado poidan iniciar e/ou reforzar os contactos con distintas empresas produtoras, distribuidoras, canles de televisión, etc., internacionais. Por suposto, o Consorcio Audiovisual de Galicia participará na organización destas accións como outra medida máis de apoio ás produtoras galegas.

Aproveitando a presenza no European Film Market, o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, manterá unha reunión cos representantes do programa Cinema do Brasil para concretar a organización dunha misión comercial en marzo entre os sectores brasileiro e galego en Sao Paulo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información