As ONGD de Vigo organizan un concerto solidario. Denuncian o incumprimento dos Obxectivos do Milenio
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/festival_pobreza_cero.jpg)
No ano 2000 os líderes mundiais comprometéronse cos Obxectivos do Milenio (ODM). Hoxe vense pequenos signos de esperanza. Por exemplo, en Asia e América Latina aumentou substancialmente o número de rapaces escolarizado. Pero a realidade segue a ser, lamentablemente, que como as cousas sigan así no ano 2015 non se acadará ningún dos obxectivos. De feito, nos últimos quince anos a axuda dos países ricos diminuíu nun 25%.
Cremos que xa basta de palabras, que toca actuar de verdade, sen demagoxias. O FMI prometeu a bombo e prato que cancelaría a débeda externa de 18 países. A realidade é que finalmente só serán 12 estados, cando sería necesario que se condonase a débeda de 62 para alcanzar os ODM.
Dende ese espírito de denuncia e, sobre todo, de esperanza, as Asociacións integrantes do Foro Social viguesas organizamos unha tarde de música e solidariedade o sábado 3 de febreiro. A praza do Rei acolle a partir das 19.00 horas, o escenario no que actuarán distintos grupos de teatro, de música e de contacontos, e no que poderemos compartir chocolate de comercio xusto e boa compañía.
O Foro Social Galicia Sur agrupa a unha grande maioría das ONG de Desenvolvemento viguesas e outras Asociacións, que pretenden coordinarse e traballar en equipo para que as súas reivindicacións dun mundo mellor cheguen con máis forza. Son: Aida, Amarante, Amnistía Internacional, Ayuda em Acción, Cáritas diocesana, Comité Óscar Romero, Coordinadora galega de ONGD, Dar Máis, Educación Sen Fronteiras, Entreculturas, Enxeñería Sen Fronteiras, Fondo Galego de Cooperación, Fundación Secretariado General Gitano, Imán Autoapoio VIH/Sida, Implicados/as No Desenvolvemento, Intermón-Oxfam, Inti, J.T.M.-Jóvenes del Tercer Mundo, Red de Jóvenes Solidarios, Mundos-Comercio Justo, Verdegaia.
Os ODM son:
1º Reducir á metade o número de persoas que vive con ingresos inferiores a 1 dólar ao día.
2º Educación primaria para todos os nenos do mundo.
3º Igualdade entre sexos, sobre todo na escola.
4º Reducir en 2/3 la mortalidade dos menores de 5 anos.
5º Reducir a taxa de mortalidade materna en _ partes.
6º Frear o avance da sida e malaria.
7º Garantir a sostibilidade ambiental.
8º Formar unha Asociación Mundial para o Desenvolvemento.
Máis información: www.pobrezacero.org
Foro Social Galicia Sur