Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consorcio Audiovisual de Galicia e o Cica organizan unhas xornadas de pitching

O Consorcio e o CICA (Curso de Posgrao de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) van organizar as xornadas de PITCHING, como vender un proxecto audiovisual para amosarlle aos profesionais do sector as estratexias de comunicación e as técnicas de pitching de cara á presentación dos seus contidos audiovisuais a potenciais inversores ou compradores.

Conseguir que un proxecto audiovisual se materialice supón un proceso moi longo que comeza, precisamente, coa presentación e defensa en moitos casos tan só dunha idea, para a procura de financiamento ou a venda de dereitos de explotación.

O mercado do audiovisual a nivel internacional é moi competitivo e, ás veces, o que fai que un proxecto se leve finalmente a cabo é unha boa presentación e defensa do mesmo. De aí o interese por organizar estas xornadas para os profesionais en activo e os que se están a preparar para selo.

Estas xornadas teñen lugar na Facultade de Comunicación Audiovisual, Campus de Elviña, os días 23 e 24 de febreiro e os días 13 e 14 de abril. Terán un carácter eminentemente práctico logo dunha breve introdución teórica na metodoloxía do pitching, xa que se incluirá unha fase de adestramento mediante técnicas de role-play e simulación, de xeito que os participantes van ter que defender o proxecto audiovisual que lles sexa asignado polo titor.

Por outra banda, as defensas e presentacións dos proxectos serán gravadas en vídeo e despois da súa edición serán obxecto de análise individual co titor, para o que se convocará aos participantes previamente e de maneira individual.

Para desenvolver estas xornadas contarase coa experiencia de dous profesionais vinculados a unha das máis importantes empresas españolas que comercializan o cine español por todo o mundo: Filmax Entertainment. Trátase, por unha banda, de Paco Rodríguez, produtor executivo de Filmax Animation en longametraxes con tanto éxito como El Cid, La Leyenda; Gisaku ou, máis recentemente, a gañadora do Goya 2006 Pérez, o ratiño dos teus soños; e por outra banda, de Ángel E. Pariente, guionista de Gisaku, Donkey Xote, El Guerrero sin nombre e The Waiting, entre outras.

Gabinete de Comunicación do Consorcio Audiovisual de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información