O Conselleiro de Xustiza abrirá os encontros O feito diferencial galego no Dereito
A conferencia inaugural, Dereito, Estado e Nación , será impartida polo catedrático de Dereito e patrón do Museo, Xosé A. Gómez Segade.
Nese foro de reflexión e debate arredor das normas que regulan a convivencia e solucionan os conflictos nunha sociedade, participan especialistas do dereito constitucional, administrativo, romano e civil, da nosa comunidade, Cataluña e o País Vasco.
O Museo do Pobo Galego, organizou con anterioridade o encontro da Historia (Decembro do 1996), o encontro da Música (decembro 1997) o de Antropoloxía (decembro do 1998) e o de xeografía (xuño do 2000).
Os encontros sobre O FEITO DIFERENCIAL GALEGO veñen plasmar o vello proxecto do Museo do Pobo Galego de ofrecer un espello onde todos os galegos se poidan mirar reflectidos, onde poidan coñecer todo aquilo que compón a identidade do seu pobo.
O primeiro encontro celebrado foi o da Historia (decembro 1996), seguido polo de Música (decembro 1997), o de Antropoloxía (decembro 1998) e o de Xeografía (xuño 2000), e outros han seguir nos anos vindeiros.
Ninguén vai deixar de decatarse da particularísima oportunidade, neste momento sociopolítico, deste proxecto sobre O FEITO DIFERENCIAL GALEGO. Pero a idea e a preparación destes encontros son de abondo anteriores. O FEITO DIFERENCIAL GALEGO non é fillo do momento político actual, mais de inquedanzas e anceios moito máis antergos e fundamentais. É certo, só, que o actual momento político dálle aínda máis interese e por riba de todo máis urxencia. Fronte ao insistente presente dos movementos nacionalistas ou de autoafirmación dos pobos en todo o mundo, producto dunha mutación xeopolítica, aos estados tradicionais vanlles suceder novas realidades, baseadas nas identidades dos pobos. A fondísima identidade de Galicia vai ter no futuro novas funcións, novos problemas. O Museo do Pobo Galego ten unha tarefa urxente e ineludible: dar a coñecer esa identidade, porque só o que ben se coñece a si mesmo pódese relacionar con outros de forma libre e enriquecedora. Fai falla un pensamento emancipatorio, liberador e fondamente galego.
A existencia dunha sociedade implica a existencia de principios e regras que dirixen e regulan as relacións interpersoais na esfera privada, e ademais conforma un marco público con potestade para esixir o seu cumprimento. O Dereito é universal e está presente en tódalas sociedades, pero o seu artellamento é particular en cada caso, en cada lugar e mesmo en cada momento, e pode concretarse de formas moi distintas. Aínda máis, en canto presupón a existencia de institucións políticas dotadas de potestas sobre os cidadáns e que se relacionan con outras institucións do mesmo nivel, pode actuar como elemento impulsor ou como elemento represor das súas características diferenciadoras.
O Dereito, en canto conxunto de normas que regulan a convivencia e solucionan conflictos nunha sociedade, resulta un elemento esencial na configuración de calquera pobo. A súa capacidade para fixar normas, para garantir o seu cumprimento, ou mesmo a existencia de mecanismos informais que superen os límites na aplicación das normas establecidas formalmente, mostra as interaccións dos seus membros e determina en gran medida a súa identidade. Xa que logo, a análise do papel desempeñado polo dereito na sociedade galega é o obxectivo deste encontro de O FEITO DIFERENCIAL GALEGO.
Desde hai dous milenios, cando se falaba da existencia dunha entidade coñecida co nome de Gallaecia, e ata a Galicia do século XXI, sempre existiu neste territorio un sistema xurídico. A pregunta é en qué medida este sistema recolleu ou non as especificidades da identidade galega, ou sexa, se a lei, o costume, os principios xerais do dereito, e mesmo a xurisprudencia, no seu papel de fontes do dereito aplicado en Galicia, deron lugar á existencia dun sistema xurídico diferenciado ou que recollera cando menos algúns elementos diferenciais.
Por suposto, o papel desempeñado ao longo da nosa historia dista moito de ser uniforme, o que motiva unha primeira análise das institucións que conforman o noso pasado como referente necesario para comprendermos a situación actual. A entrada en vigor da Constitución Española do ano 1978, e a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1981, fixaron un ordenamento xurídico específico e constitúen as bases políticas do actual dereito galego, caracterizado polo establecemento de distintos niveis políticos que comparten o poder lexislativo, executivo e xudicial, e pola existencia dun sistema de reparto competencial non exento de conflictos entre os distintos actores
O desenvolvemento normativo realizado a partires destas normas fundamentais dou lugar a un corpus xurídico galego formado polo conxunto das normas estatais e das normas propias dictadas desde as institucións galegas. A existencia deste dereito galego, xunto co grao de aplicación do mesmo na realidade social, é o que determina no momento actual o grao de atención do Dereito verbo das necesidades peculiares da sociedade galega.
Máis información: 981 58 36 20 (Posibilidade de concertar entrevistas).

Museo do Pobo Galego