Maxi Rei presentou o seu poemario Vizoño

No acto interviron Pilar Vázquez, presidenta de Eira Vella; Xesús Torres, coordenador da revista A Xanela, que edita esta entidade e na que o autor ven colaborando dende o seu inicio; Miro Villar, poeta e estudoso da literatura galega, rematando o acto o propio autor que recitou algúns poemas do libro.
O poemario está editado pola Asociación Cultural Eira Vella e reproduce na portada un gravado do artista betanceiro Jesús Núñez, director do CIEC.
“Vizoño” é un poemario autobiográfico, composto de vintetrés poemas, que quere rescatar a memoria da infancia, sentida como un tempo feliz, ao tempo que nos fala da desaparición e abandono do mundo rural.
Asociación Cultural Eira Vella