Fernando Blanco define a cociña galega como unha das construccións máis importantes da nosa cultura e identidade
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/libro_recetario_gastronomia.jpg)
Fernando Blanco felicitou aos Amigos da Cociña polo traballo realizado, e lembrou que esta obra, na súa edición en lingua inglesa, “chegou xa a mans dalgúns dos máis importantes críticos gastronómicos internacionais”, xa que foi entregada como agasallo promocional nas xornadas que o Goberno Galego organizou o pasado mes de novembro na sede das Nacións Unidas, en Nova York, que o Titular de Innovación e Industria definiu como unha promoción “que non ten precedentes no turismo galego, e coa que quixemos poñer de manifesto que estamos á altura de calquera outro lugar do mundo en materia culinaria”.
Receitas
O libro presentado é unha escolma de 193 receitas gastronómicas suxeridas por cada un dos restaurantes que integran a Asociación Amigos da Cociña Galega. Contén uns textos introductorios da propia Dirección Xeral e do Centro Superior de Hostelería de Galicia, así como unhas notas sobre a historia dos Amigos. O deseño buscou a orixinalidade, cunha capa de cartón revestido de papel de 125 gramos, plastificado mate e impreso a catro tintas. Incorpora un marcapáxinas tamén especialmente deseñado, un garfo de madeira coa inscripción “Amigos da Cociña Galega” que vai suxeito ao libro cunha cinta de raso. Na presentación desta obra, o conselleiro de Innovación e Industria destacou o seu económico prezo de venda ao público (12 euros), tendo en conta –dixo– “tanto a calidade dos contados como da edición”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia