Lamatumbá actúa en Santiago nun concerto gratuito co que Xuventude pretende homenaxear aos voluntarios en defensa do monte galego

Este concerto celébrase coincidindo co Día do Internacional do Voluntariado porque, segundo o director xeral de xuventude, Rubén Cela,” pretende ser unha homenaxe aos máis de 6 mil voluntarios que chamaron ao teléfono en Defensa do Monte para colaborar nas labores de intendencia ou rexeneración de montes así como ás decenas de bombeiros e outros colectivos que prestaron a súa axuda desinteresada”.
Intercaladas coas actuacións, proxectaranse, en grandes pantallas, imaxes dos voluntarios desempeñando distintas tarefas nos montes galegos. Haberá ademais stands con información sobre o teléfono en Defensa do Monte Galego que leva funcionando dende o 9 de agosto.
A entrada ao concerto, organizado pola dirección xeral de Xuventude en colaboración coa concellería de Cultura de Santiago, é totalmente gratuita. Ademais haberá autobuses cada vinte minutos dende a Praza Roxa para trasladar aos asistentes.
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, ten previsto asistir a concerto.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia