Presentada a cuarta edición de Cantos na maré. Mulleres na lusofonía
O seu principal obxectivo é potenciar e divulgar o intercambio entre a música que se fai en Galiza e nos países de língua portuguesa.
Desde un principio o Concello de Pontevedra apostou por Cantos na maré, por considerar que artistas galegos e outros provintes de países de fala portuguesa comparten valores comúns e experimentan sen complexos coa súa língua nai e co idioma parello, despertando, coas súas fusións de sons e ritmos, un gran interese na cidadanía. Por ese motivo, o Concello de Pontevedra ofrece o escenario idoneo para amosar o indiscutíbel talento dos artistas participantes e para resaltar a forza expresiva e o emparentamento espontáneo das linguas galega e portuguesa.
Nas últimas edicións de Cantos na maré a Xunta de Galicia e institucións galego- portuguesas apoiaron acertadamente o proxecto, vendo nel un excelente medio para a divulgación dos intercambios culturais que se fan nestes países. Por eses apoios e polo gran interese que desperta entre a cidadanía, a cada nova edición,
Cantos na maré vén crecendo como evento sociocultural e lingüístico consolidado en Galiza.
Neste senso, xa actuaron en Cantos na maré artistas de gran prestixio internacional do talle de Uxía, João Afonso, Maria João, Mario Laginha, entre outros; artistas que experimentan sen complexos coa súa língua nai e co idioma parello. Tamén deixaron a súa pegada valores que despuntaron nos últimos anos nos países
lusófonos.
A cada ano Cantos na maré vén arrastrando a máis espectadores, levando os organizadores a ampliar nesta nova entrega o programa de actividades que vai máis alá da música.
1.1. CANTOS NA MARÉ 2006
Así, a programación da cuarta edición de Cantos na maré está composta polo espectáculo “Cantos na maré. Mulleres na lusofonía” (sábado 16 de decembro), precedido da Semana da lusofonía, unha semana de actividades culturais celebrada en diferentes espazos da cidade de Pontevedra (do luns 11 ao venres 15 de decembro). Durante este período terán cabida conferencias, exposicións, obradoiros, concertos, proxeccións de vídeo e gastronomía para achegar ao público novas expresións artísticas e novas sensacións provintes do mundo lusófono.
O espectáculo musical “Cantos na maré. Mulleres na lusofonía” terá lugar no Pazo da Cultura e se centrará na creación feminina no ámbito lusófono. Terá como convidadas as creadoras Dulce Pontes (Portugal), Uxía (Galiza), Ugía Pedreira (Galiza), Luanda Cozetti (Brasil), Eneida Marta (Guiné Bissau) e Amelia Muge
(Portugal/Mozambique).
Antes de comezar o espectáculo haberá, no vestíbulo do auditorio, unha batucada a cargo do grupo de percusión "Filhos de Brown".
Respecto á Semana da lusofonía estará formada por dúas exposicións fotográficas: “Rostros na maré” “Cabo Verde, paraíso atlántico”-; a conferencia literaria “Há cromosomas na escrita?” a cargo da escritora portuguesa Hélia Correia, dous obradoiros, -un de capoeira e outro de forró-, ademais dun concerto do dúo
brasileiro Lilian França e Sérgio Tannus.
Presentación do proxecto documental Cabo Verde Sabí (A muller e a terra, o home e o mar): No transcurso do acto de inauguración da Semana de lusofonía presentarase o proxecto documental Cabo Verde Sabí (A muller e a terra, o home e o mar), de Manuel Maseda, acompañado dunha pequena actuación do grupo caboverdiano afincado en Galiza, Batuko Tabanca
2. CANTOS NA MARÉ. MULLERES NA LUSOFONÍA, O ESPECTÁCULO
Esta nova edición de Cantos na maré vai centrarse na creación feminina no ámbito da lusofonía para valorar dun xeito global a aportación de todas e cada unha das participantes ao ámbito artístico e máis concretamente como transmisoras da palabra, tan necesaria e tan esquecida.
Todas as que participamos este ano asumimos a nosa condición de mulleres e temos un discurso propio que plasmamos nas nosas composicións que, en moitos casos, son bastante explícitas e falan da loita das mulleres para lograr a tan ansiada igualdade.
Son cantos que están lonxe do patriarcal discurso musical e que logran reivindicar o recoñecemento do peso da tradición cultural feminina nestes territorios. Esta ten un peso relevante tamén na nosa terra, por iso tentamos buscar eses mesmos referentes nos países de fala portuguesa.
Tamén queremos contribuir á consolidación de modos comúns e reciprocamente aprendidos de sentir e exercer a vida, realzando coincidencias e matices.
Cantos na maré 2006 é unha homenaxe a todas as mulleres que ainda temos que loitar para que se realicen os nosos soños, moi a menudo ante a adversidade e en condicións difíciles, mesmo no ámbito artístico.
Por iso temos o noso propio xeito de interpretar a música, non nos limitamos a ser canles dos outros.
Temos sido portavoces e portadoras da palabra cantada. Herdeiras da tradición cultural feminina, cun peso tamén relevante nos paises lusófonos.
E aportamos á música toda a nosa forza, a nosa fortaleza como depositarias da palabra cantada na música tradicional á que acrecentamos a nosa identidade como creadoras.
Con esta edición monográfica de Cantos na maré pretendemos amosar o inmenso potencial creativo das sucesivas xeracións de cantoras e escritoras que nos precederon (Rosalía de Castro, Amália Rodríguez, Elis Regina…) que usaron a nosa lingua e expresaron sen complexos os seus sentimentos máis profundos).
De procedencia e estilos ás veces diametralmente opostos, todas temos un denominador común: a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento innnovador e persoal, conxugado na maioría dos casos, con textos e melodías propios.
Cantos na Maré pretende ser dende a súa primeira edición unha ponte aos/as galego-falantes do mundo, un punto de encontro para as diferentes culturas que se expresan baixo o tronco lingüístico común do galego-portugués; un xeito concreto de achegar culturas, de apostar polo contacto, pola comunicación e polo
coñecemento entre pobos e xentes que teñen o denominador común da lingua como comunicación.
Temos xa editado un traballo gravado en directo que é a nosa carta de presentación e un sinal do que podemos desenvolver no futuro.

Amelia Andrade (Publicidade, Comunicación, Organización de eventos, Presentacións de empresa)