Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A obra En la cuenca de tus ojos gaña o primeiro premio do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia

A obra En la cuenca de tus ojos, dos coreógrafos Alexis Fernández, Armando Martén, Kirenia Martínez e Ana Beatriz Pérez, resultou gañadora do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia que organiza o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellaría de Cultura e Deporte. Os galardoados con este primeiro premio, polo que recibirán 4.000 €, forman parte da compañía coruñesa Inquedanza, coa que están a representar a coreografía gañadora por diferentes escenarios galegos dende o pasado mes de abril.

Cunha dotación económica de 2.500 €, o segundo premio foi para a peza Ayer y hoy, creada e interpretada polas madrileñas Verónica Garzón, Mireia Sans Aleu e Edurne Sanz. Tamén dende Madrid chegou a proposta galardoada co terceiro premio deste certame, Éxodos, presentada por Francisco Leiva e interpretada por el mesmo xunto a María Arcos, María González, Marta Gómez e David Amandi. Leiva recibirá 2.000 € por este terceiro posto.

BAILARINA SOBRESAÍNTE

O xurado –integrado pola bailarina e coreógrafa Maruxa Salas, como presidenta, e por Begoña Acuña, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Danza; Vicente Colomer, representante da Asociación de Profesionais da Danza Escénica; Natalia Balseiro, coordinadora da unidade de produción de danza do IGAEM; e María Paredes, coordinadora de programación do IGAEM, como vogais– recoñeceu, ademais, o labor interpretativo de Ana Beatriz Pérez na obra gañadora, outorgándolle o premio ao/á bailarín/a sobresaínte, dotado con 1.500 €.

En la cuenca de tus ojos, inspirada nas diferentes sensacións que arrodean ao amor como sentimento e ao arrepentimento polos erros cometidos coa persoa amada, está interpretada polos seus catro creadores, todos eles de orixe cubana e afincados en Galicia, onde na actualidade desenvolven a súa actividade profesional como coreógrafos e bailaríns.

Esta peza, que obtivo tamén o primeiro premio no V Certame Internacional de Coreografía Burgos-New York 2006, intégrase nun espectáculo máis amplo que, baixo o mesmo título, está a escenificar dende o pasado mes de abril a compañía Inquedanza baixo a dirección de Armando Martén. Así, por exemplo, En la cuenca de tus ojos insírese na programación de Rededanza, promovida polo IGAEM, dentro da que poderá verse o vindeiro día 22 de decembro no Auditorio-Pazo de Congresos de Ourense.

O Certame de Creación Coreográfica, o único das súas características en Galicia, organízase anualmente como plataforma de exhibición de novas creacións co obxectivo de incentivar a actividade profesional neste sector artístico, así como a investigación, a innovación e as postas en escena imaxinativas.
Gabinete de Comunicación do Igaem (Xunta de Galicia)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información