Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Xunta e o Instituto Cervantes achegan a lingua e a cultura galegas ao mundo árabe a través da figura e da obra de Álvaro Cunqueiro

O Instituto Cervantes de Damasco quedou pequeno para acoller os asistentes á xornada de inauguración da súa biblioteca que leva o nome de Álvaro Cunqueiro.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina, participaron nos actos organizados con motivo deste acontecemento, aos que tamén asistiron o embaixador de España en Siria, Juan Serrat, e os ministros sirios de Cultura e de Educación Superior.

A xornada iniciouse cun encontro con intelectuais sirios, no que o director do Cervantes fixo unha semblanza de Cunqueiro e incidiu na presenza na súa obra das referencias do mundo árabe. “Este acto inscríbese en lle pór o nome dun escritor dunha lingua cooficial de España a un dos nosos centros que, ademais de depositario da literatura de Cunqueiro, será a referencia da literatura galega na rede de centros Cervantes do mundo”, dixo César Antonio Molina.

Tras a nominación oficial da biblioteca, celebrouse unha mesa redonda, na que a secretaria xeral de Política Lingüística se referiu á defensa de Cunqueiro da lingua galega “cara a que nunha das súas intervencións públicas expresou o seu inequívoco compromiso, ao ligar a súa pervivencia á pervivencia de Galicia como pobo”.

Neste debate tamén participaron os editores e escritores Víctor Freixanes e Miguel Anxo Fernán Vello. Freixanes destacou a conexión no mundo literario de Cunqueiro coa cultura árabe. Alepo, Bagdad e Damasco están presentes en distintos traballos do escritor homenaxeado hoxe na capital siria, o que demostra, segundo Freixanes, “a posición universal do escritor que desde o seu idioma é quen de enseñar o mundo”. Pola súa parte, Fernán Vello referiuse á influencia de Cunqueiro na poesía galega dos 80. “Herba aquí ou acolá —dixo— inflúe definitivamente na poesía galega dos 80, xa que introduce nesa obra o culturalismo, o que supón un redescubrimento para todo o panorama poético do momento”.

Nestes actos tamén participou o tradutor ao árabe de Se o vello Simbad volvese ás illas, Larbi el Harti, que continúa a traballar na tradución de traballos literarios galegos. Ademais, o Cervantes de Damasco acolle desde hoxe unha exposición coas obras de Xosé Freixanes, que integran a montaxe Ao fin do amencer.

Semana galega en Damasco

Ao fío deste acontecemento, a secretaria xeral de Política Lingüística aproveitou a ocasión para anunciar o apoio da Xunta de Galicia á celebración a partir do ano que vén da Semana de Galicia, no Instituto Cervantes de Damasco. A iniciativa do centro incluirá conferencias, debates e actuacións musicais galegas, para lle dar continuidade a este achegamento das nosas letras e culturas ao Oriente Próximo.
Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información