Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Breogán Riveiro gaña o IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Títeres na modalidade de Teatro para Rapaces

A obra O afundimento do Tiránic, de Breogán Riveiro, resultou gañadora do Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres 2006 na categoría de monicreques para rapaces, segundo resolveu por unanimidade o xurado desta cuarta edición do galardón que convoca o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellaría de Cultura e Deporte en colaboración coa Asociación Cultural Barriga Verde.

O tribunal –integrado pola escritora Marilar Aleixandre, como presidenta; e por Xosé Cermeño, escritor, guionista e xornalista; Jorge Rey, director do festival Galicreques e responsable da compañía Títeres Cachirulo e da Sala Yago de Santiago; e Anxo García, director de Viravolta Títeres, como vogais– decidiu, así mesmo, declarar deserto o premio na modalidade de textos para adultos.

Presentada baixo o lema Batel, a obra gañadora parte do afundimento dun barco como argumento para abordar os distintos xeitos de reaccionar dos personaxes e a importancia da unión á hora de enfrontar os problemas. O xurado destacou de O afundimento do Tiránic a súa “adecuación á especificidade do teatro para monicreques e a súa ollada irónica sobre personaxes arquetípicos do teatro de títeres e da literatura infantil”. Subliñou, igualmente, a calidade literaria dos diálogos a través dos que consegue unha linguaxe áxil.

TRAXECTORIA

Breogán Riveiro recibirá 4.000 euros como gañador deste IV Barriga Verde de Textos para Títeres, premio que se suma a outros galardóns cos que ten sido recoñecido como autor literario. Así, recentemente obtivo o Pura e Dora Vázquez de Narración da Deputación de Ourense por A historia máis incrible que nunca liches, ademais de gañar en 2004 o V Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña por Tonecho de Rebordechao, o I Premio de Literatura Fantástica Cidade da Coruña e A Curuxa Literaria do Museo de Humor de Fene. Foi, así mesmo, finalista do I Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.

Nado en Montevideo (Uruguai) en 1967 e residente en Oleiros (A Coruña), na actualidade Breogán Riveiro é realizador e guionista audiovisual. De feito, no seu ámbito profesional ten empregado os monicreques de xeito experimental, aínda que O afundimento do Tiránic supón a súa primeira incursión no terreo da creación literaria para títeres.

Ten publicadas, ademais, as obras O vendedor de mazás, de xénero fantástico, e O asasino bífido, que pode inserirse no ámbito da literatura humorística.

Un total de dez orixinais optaron a esta cuarta edición do Barriga Verde, promovido anualmente polo IGAEM como xeito de incentivar a creación de textos para o eido dos monicreques, ao tempo que lembra a figura de José Silvent, creador do mítico personaxe “Barriga Verde” e considerado o fundador do guiñol popular galego.

Xosé Manuel Fernández Castro, con Misterio en Guernica, resultou gañador o ano pasado na categoría de teatro para adultos, mentres que a modalidade para rapaces quedou deserta. Os anteriores galardoados neste certame internacional foron Celia Díaz Núñez (teatro infantil, 2003), Tino Antelo (teatro infantil, 2002) e Guaira Castilla (teatro para adultos, 2002).
Gabinete de Comunicación do Igaem (Xunta de Galicia)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información