Santiago acolle no mes de xullo o III Congreso Internacional Historia a Debate
Os organizadores pretenden afondar na elaboración dunha alternativa historiográfica e global para o século XXI que asegure unha nova primavera para o oficio de historiador e a escritura da historia. O congreso conta coa rede temática Historia a Debate e a colaboración de 340 entidades académicas de 27 países.
No encontro analizarase en relatorios e mesas redondas a propia rede Historia a Debate, as súas fases, resultados, tendencias e comparación con outros foros e redes, prestando especial atención ao desenvolvemento crítico das 18 proposicións do seu Manifesto historiográfico que se revisará colectivamente tras o Congreso.

Gabinete de Comunicación USC