Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Convócase o V Certame de Teatro Infantil e Xuvenil Atenea

Bases do V Certame de Teatro Infantil e Xuvenil Atenea:
 
1º)           As entidades ATENEO FERROLÁN e CAIXANOVA convocan o V Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “ATENEA”, dirixido a Centros Escolares e mailas Entidades ou Sociedades Culturais que teñan sección infantil ou xuvenil de actividades, co fin de promover entre eses primeiros segmentos da nosa cidadanía o interese, afección e amor ás letras e á representación escénica.

2º)           PARTICIPANTES. Poderán participar e optar ós premios que se establecen tódolos grupos teatrais, non profesionais, vencellados a Colexios Públicos e Privados, a Sociedades Culturais ou Veciñais da comarca, que se correspondan coas categorías que se establecen nestas Bases.

3º)           CATEGORíAS. Establécense tres catetorías para a participación neste Certame:

A) Grupos de Teatro Infantil

B) Grupos de Teatro Primaria

C) Grupos de Teatro Xuvenil

D) Educación Especial

A idade límite para participar como actor será de 20 anos.

4º)           CONDICIóNS BáSICAS.

a)      Cada grupo participante só poderá presentar ó Certame unha obra.

b)      A duración da representación de cada obra estará entre 20 e  75 minutos.

5º)           Tódolos grupos que queiran participar deberán envia-las súas solicitudes ó Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202. Aptdo. 303. CP 15402. Ferrol) nas cales farán consta-los seguintes datos: nome do colexio ou entidade e da persoa responsable cos datos correspondentes ó grupo presentado (nome do grupo, nome da obra, número de actores e idades, duración da obra e espazo necesario).

6º)           PRAZO. O prazo de presentación para a participación no Certame remata o 19 de xaneiro do 2007. Co gallo de facilita-la asistencia e traballo do Xurado, xunto coa solicitude deberá achegarse unha copia do texto da obra. Os grupos, optativamente poderán presentar unha gravación da obra en formato VHS ou CD.

7º)           REALIZACIÓN. A representación das obras, na súa primeira fase, terá lugar nos meses de marzo, abril e maio do 2007, dentro dun programa que estará en función do número de participantes. O Xurado fará unha selección de DOUS grupos nas categorías A, B e C, así como na categoría C haberá unha selección dun só grupo. O Xurado valorará en cada representación os seguintes apartados:

a)      Mellor posta en escena

b)      Mellor representación

8º)           XURADO. O Xurado será nomeado, de mutuo acordo, entre o Ateneo Ferrolán e maila Caixa Nova, entre persoas representativas dos medios culturais e do ensino.

9º)           PREMIOS.  Tódolos grupos seleccionados, como parte do Premio, actuarán na Fase Final do Certame, que se celebrará entre os meses de maio e xuño, nun lugar a determinar pola Organización. Tamén recibirán unha cantidade en metálico, igual para todos polo importe de douscentos cincuenta euros (250 ?) que deberán ser destinados á adquisición de materiais para a formación e promoción das artes escénicas.

10º)        A presentación a este concurso supón a plena aceptación destas Bases. Tódolos imprevistos non contemplados nelas, serán resoltos polo Xurado sen ningún tipo de apelación.
Ateneo Ferrolán

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información