Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Concello de Brión convoca a terceira edición do Certame de Pintura Novos Valores 2006

O Departamento de Cultura de Brión traballa actualmente na organización do III Certamen de Pintura ‘Novos Valores 2006’. O éxito das anteriores edicións marca as pautas a seguir. Todos os mozos e mozas galegas así como os residentes en Galicia, amantes das artes plásticas, poderán participar neste concurso, sempre e cando teñan entre 14 e 30 anos. O obxectivo fundamental do certame é a promoción da arte e dos novos valores da pintura en Galicia. O patrocinio do evento corre a cargo da Fundación Feiraco.

A presentación das obras, de temática e estilo libre, deberá facerse persoalmente entre os días 11 e 29 de decembro na Casa da Cultura do Concello, en horario de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 22, e os sábados de 10 a 14 horas. Cada artista poderá entregar unha única obra, orixinal e non presentada noutro certame. As medidas desta non deben exceder os 150 cm nin ser inferiores aos 80 en ningún dos seus lados. A entrega da obra debe facerse sobre un único soporte e enmarcada cun listón que non exceda os 2 cm de ancho.

Como complemento á obra o participante achegará a seguinte documentación:

-Formulario de inscrición
-Foto a cor da obra presentada
-Fotocopia do DNI ou documentación que acredite ao autor como residente en Galicia
-Breve currículum que inclúa os datos persoais do autor (enderezo, teléfono, etc.)
* O formulario de inscrición poderá recollerse na Casa de Cultura ou ben accendo a el a través da web oficial do Concello: www.concellodebrion.org, onde xa está colgado para todos os interesados.

Premios e categorías

A contía total destinada aos premios do certame ascende a 2.000 euros que se repartirán en dúas categorías cun primeiro e segundo premio en cada unha delas. Así na categoría xuvenil A, de 14 a 19 anos, o gañador do primeiro premio recibirá 600 euros e o do segundo 400. Pola súa banda, na categoría xuvenil B, de 20 a 30 anos, o primeiro premiado recibe 600 euros e o segundo clasificado 400.

As obras premiadas, en ambas categorías, pasarán a formar parte do Patrimonio Cultural do Concello e serán expostas xunto a unha selección de todas as recibidas, nunha exposición a celebrarse entre o 16 de febreiro e o 30 de marzo.

O fallo do xurado

O veredicto do xurado, composto por personalidades do mundo da cultura, a arte e a crítica, será inapelable. O dictame e a entrega dos premios ten lugar o 16 de febreiro de 2007 ás 20.30 horas no Hotel Balneario Compostela, no lugar do Tremo (Os Ánxeles).

O feito de participar neste Certame supón a aceptación destas bases.



Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información