Aterriza o Outono Cultural en Brión e comezan as actividades da Escola Municipal de Teatro Xuvenil
A Concellaría de Cultura do Concello de Brión acaba de presentar o cartel de actuacións que forman parte do ‘Outono Cultural’ nos meses de novembro e decembro. A oferta fai especial fincapé nas artes musical e teatral. Abre o mes de novembro a proposta do grupo Andaravía coa escenificación da súa obra ‘Bicos’. Todas as actuacións serán ás 20.00 horas no novo Centro Social de Brión ou tamén chamado, Centro da Terceira Idade. Como excepción, o concerto de Música Antiga do día 10 de novembro ten lugar na Igrexa de Bastavales ás tres da tarde.
Alberto Álvarez, Técnico de Cultura do Concello, móstrase moi satisfeito con esta oferta trimestral. “Temos un gran cartel. Fíxate que o próximo día 11 actuará o grupo de Teatro de Cámara Ditea, o máis veterano do panorama teatral galego, con 46 anos de experiencia ao seu lombo”, di. “Ademais, a nosa oferta non exclúe a ninguén. Calquer persoa de calquer idade pode disfratar do ‘Outono Cultural’ de Brión”, remata. Os interesados poden acceder á programación completa na páxina web do concello: www.concellodebrion.org.
O mes de novembro pecha coas actuacións de Leilía o día 18 e do grupo compostelano ‘Ruso Negro’ do día 24. Ruso Negro representa a súa peza Concerto normal e corrente, unha proposta a medio camiño entre a representación e a musicalidade. Espectáculo revelación 2004, esta obra permitirá ao espectador escoitar desde o son das guitarras, dos acordeóns, das frautas, e dos timbres, ata a sorprendente musicalidade duns simples ralladores de queixo.
Xa en decembro, pechan o ciclo as actuacións do Grupo de Metais Santa Cecía (día 1), o Grupo de Teatro Badius (día 3), o quinteto de vento Pentafonía ( día 15) e o Grupo de Teatro Mofa e Befa (o 22).
A Escola Municipal de Teatro Xuvenil de Brión abriu as súas portas cunha quincena de inscritos
O teatro nunha comunidade é un fenómeno cultural de primeira magnitude. A sabendas desta realidade, o Departamento de Cultura do Concello de Brión aposta un ano máis pola apertura da súa Escola Municipal de Teatro Xuvenil. Con esta iniciativa agardáse traballar a cultura teatral de base, presentando a esta arte como unha estratexia formativa e educativa privilexiada para os nosos xóvenes. Ao mesmo tempo, e seguindo a liña do pasado ano, a escola buscará crear novos artistas e novos públicos, así como fomentar a animación á lectura e a afección ás artes escénicas.
Aproximadamente unha quincena de rapaces brioneses de entre 12 e 18 anos participan nesta actividade, que abriu as súas portas o pasado sábado día 21. O desenvolvemento da Escola terá lugar na biblioteca da Casa de Cultura en horario de 11.00 a 13.00 horas todos os sábados. Durante as sesións os alumnos recibirán formación sobre linguaxe teatral; procesos de expresión, creación e comunicación dramática; historia do teatro; xogos de desinhición; novas tendencias escénicas; dicción e vocalización, e posta en escea. Como peche das actividades os rapaces representarán unha obra ante o público.
Como plan de futuro, a Casa de Cultura pretende conseguir con esta actividade estimular a creación dun grupo de teatro xuvenil estable e con capacidade para participar nos distintos circuitos de actuacións da Xunta e da Deputación.

Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)