Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A exposición A outra metade da ciencia mostra na Casa Simeón a grande aportación das mulleres á Ciencia ao longo da Historia

Facilitar o acceso das mulleres á formación científica e técnica coa finalidade de ampliar as súas opcións profesionais vén a ser un dos obxectivos do Instituto da Muller, que cre preciso a través desta mostra amosar a ciencia e a tecnoloxía como espazos que tamén son femininos. As diversas formas de achegarse ao coñecemento e ás contribucións científicas das mulleres ao longo da Historia teñen un valor fundamental para a humanidade que se debe ter presente en todo momento.
A outra metade da Ciencia recoñece a autoría e a autoridade de diversas mulleres a través das súas achegas á ciencia e á técnica e restablece unha xenealoxía feminina, negada de xeito cotiá por concepcións da vida e do coñecemento que desatenden a dimensión social dos avances.
A mostra, que incorpora de xeito especial a destacadas figuras españolas contemporáneas, sitúa cronoloxicamente ás primeiras científicas na Prehistoria como promotoras de moitas das tradicionais actividades de supervivencia daquela época. As mulleres na Ciencia na Idade Clásica, as figuras de Hipatía de Alejandría na antigüedade e de Trótula e Hildegarda na Idade Media ou as pioneiras na Idade da revolución científica e do positivismo completan a exposición ata chegar ao século XX, no que as mulleres afirman definitivamente o seu papel no mundo da investigación científica e tecnolóxica compartídoo con todo tipo de prexuízos e obstáculos.
Nesa parte da exposición dedicada ao seculo XX móstrase a aportación das mulleres á filosofía da ciencia e trátase ademais a elección dos estudios universitarios, unha auténtica carreira de obstáculos, a creación de redes de grupos de mulleres coa finalidade de reducir a discriminación, e resáltase o esforzo da Comisión Europea.
Gabinete de Comunicación USC

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información