Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Inaugurada no Parlamento Europeo a mostra do pintor galego Alfredo Erias

Inaugurouse na sede do Parlamento Europeo a mostra “Xente no Camiño” do pintor betanceiro Alfredo Erias. No acto de apertura, asistiron o presidente do Parlamento Europeo, Josep Borrell; o eurodeputado Antolín Sánchez-Presedo, o secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, Santiago Gómez-Reino, a directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa; o alcalde de Betanzos, Manuel Lagares, e o responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, entre outras autoridades e un nutrido grupo de asistentes entre os que se atopaba unha delegación de veciños de Betanzos e membros da prensa galega e da Asociación da Prensa da Coruña.

En total son 24 pinturas realizadas sobre táboa mediante técnica mixta que representan diversas personaxes de Galicia e do Camiño de Santiago na baixa Idade Media. A mostra permanecerá aberta ao público no terceiro andar do Parlamento Europeo ata o venres 13 de outubro.

Na temática, están especialmente representados suxeitos da provincia da Coruña. Cabaleiros, bispos e reis conviven nestas pinturas ao lado de notarios, doncelas, músicos, burgueses e acróbatas. Outras escenas remiten aos labores labregos propios de cada época do ano, aos peregrinos no seu camiño para Santiago de Compostela e a imaxes que reproducen as esculturas do Pórtico da Gloria da Catedral Compostela e doutros motivos desta mesma construción como é a imaxe da muller adúltera inserida na porta sur ou de Praterías.

A exposición foi organizada pola Deputación provincial da Coruña e conta co apoio do eurodeputado Antolín Sánchez Presedo. Con motivo da participación de Galicia na Semana Europea das Rexións e Cidades (Open Days 2006), que se está a celebrar setes días en Bruxelas, a Fundación Galicia Europa colabora na organización do acto de inauguración da mostra.

“Sopro de brisa galega”

O presidente do Parlamento Europeo, Josep Borrell, deu a súa benvida á delegación galega e agradeceulle ao artista que trouxera “un sopro de brisa galega” a esta institución europea.

Así mesmo, logo de facer un percorrido pola mostra, Borrell asegurou que “Europa se fixo, en parte, arredor dese camiño, desas catedrais e das universidades na ruta a Compostela”. Finalmente, asegurou que o Parlamento Europeo se sinte “orgulloso de recoller esta mostra de vida desta nosa Galicia, que é de todos”.

Pola súa banda, o eurodeputado galego Antolín Sánchez Presedo asegurou que detrás destas pinturas de Erias hai “moita investigación e un grande especialista na Idade Media”. Ao tempo, sinalou que son un símbolo posto que rescatan a todos eses protagonistas dos monumentos para facelos vivos e “evitar que Europa se petrifique e facer que siga adiante”.

Na súa intervención, o secretario xeral de Relacións Exteriores do Goberno galego, Santiago Gómez-Reino, asegurou que esta mostra incardínase dentro do traballo que lle encargaron ao tomar posesión do seu posto. Segundo explicou, o presidente Touriño encargoulle “traer Europa a Galicia e tamén levar Galicia a Europa”.

Biografía do artista

Alfredo Erias Martínez naceu en Abegondo (A Coruña) en 1954. Actualmente é arquiveiro e bibliotecario. Leva vinte anos dirixindo o Anuario Brigantino, unha das máis importantes revistas de investigación de Galicia, e é director do Museo das Mariñas en Betanzos. Ademais de diversos libros e numerosos traballos de investigación, Alfredo Eiras é autor da varios debuxos e gravados, entre os que se destaca “Debuxos de Galicia”, unha serie de láminas consagradas á historia da cultura e da arte de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información