Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Dous mil anos de Galicia. O feito diferencial galego

Os encontros sobre O FEITO DIFERENCIAL GALEGO veñen plasmar o vello proxecto do Museo do Pobo Galego de ofrecer un espello onde todos os galegos se poidan mirar reflectidos, onde poidan coñecer todo aquilo que compón a identidade do seu pobo.
O primeiro encontro celebrado foi o da Historia (decembro 1996), seguido polo de Música (decembro 1997), o de Antropoloxía (decembro 1998) e o de Xeografía (xuño 2000), e outros han seguir nos anos vindeiros.
Ninguén vai deixar de decatarse da particularísima oportunidade, neste momento sociopolítico, deste proxecto sobre O FEITO DIFERENCIAL GALEGO. Pero a idea e a preparación destes encontros son de abondo anteriores. O FEITO DIFERENCIAL GALEGO non é fillo do momento político actual, mais de inquedanzas e anceios moito máis antergos e fundamentais. É certo, só, que o actual momento político dálle aínda máis interese e por riba de todo máis urxencia. Fronte ao insistente presente dos movementos nacionalistas ou de autoafirmación dos pobos en todo o mundo, producto dunha mutación xeopolítica, aos estados tradicionais vanlles suceder novas realidades, baseadas nas identidades dos pobos. A fondísima identidade de Galicia vai ter no futuro novas funcións, novos problemas. O Museo do Pobo Galego ten unha tarefa urxente e ineludible: dar a coñecer esa identidade, porque só o que ben se coñece a si mesmo pódese relacionar con outros de forma libre e enriquecedora. Fai falla un pensamento emancipatorio, liberador e fondamente galego.
A existencia dunha sociedade implica a existencia de principios e regras que dirixen e regulan as relacións interpersoais na esfera privada, e ademais conforma un marco público con potestade para esixir o seu cumprimento. O Dereito é universal e está presente en tódalas sociedades, pero o seu artellamento é particular en cada caso, en cada lugar e mesmo en cada momento, e pode concretarse de formas moi distintas. Aínda máis, en canto presupón a existencia de institucións políticas dotadas de potestas sobre os cidadáns e que se relacionan con outras institucións do mesmo nivel, pode actuar como elemento impulsor ou como elemento represor das súas características diferenciadoras.
O Dereito, en canto conxunto de normas que regulan a convivencia e solucionan conflictos nunha sociedade, resulta un elemento esencial na configuración de calquera pobo. A súa capacidade para fixar normas, para garantir o seu cumprimento, ou mesmo a existencia de mecanismos informais que superen os límites na aplicación das normas establecidas formalmente, mostra as interaccións dos seus membros e determina en gran medida a súa identidade. Xa que logo, a análise do papel desempeñado polo dereito na sociedade galega é o obxectivo deste encontro de O FEITO DIFERENCIAL GALEGO.
Desde hai dous milenios, cando se falaba da existencia dunha entidade coñecida co nome de Gallaecia, e ata a Galicia do século XXI, sempre existiu neste territorio un sistema xurídico. A pregunta é en qué medida este sistema recolleu ou non as especificidades da identidade galega, ou sexa, se a lei, o costume, os principios xerais do dereito, e mesmo a xurisprudencia, no seu papel de fontes do dereito aplicado en Galicia, deron lugar á existencia dun sistema xurídico diferenciado ou que recollera cando menos algúns elementos diferenciais.
Por suposto, o papel desempeñado ao longo da nosa historia dista moito de ser uniforme, o que motiva unha primeira análise das institucións que conforman o noso pasado como referente necesario para comprendermos a situación actual. A entrada en vigor da Constitución Española do ano 1978, e a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1981, fixaron un ordenamento xurídico específico e constitúen as bases políticas do actual dereito galego, caracterizado polo establecemento de distintos niveis políticos que comparten o poder lexislativo, executivo e xudicial, e pola existencia dun sistema de reparto competencial non exento de conflictos entre os distintos actores. peculiares da sociedade galega.
O desenvolvemento normativo realizado a partires destas normas fundamentais dou lugar a un corpus xurídico galego formado polo conxunto das normas estatais e das normas propias dictadas desde as institucións galegas. A existencia deste dereito galego, xunto co grao de aplicación do mesmo na realidade social, é o que determina no momento actual o grao de atención do Dereito verbo das necesidades.
Museo do Pobo Galego

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información