Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consorcio Audiovisual participa no Festival de Cine de San Sebastián, dentro do seu plan de presenza do audiovisual galego en certames cinematográficos

O Consorcio Audiovisual de Galicia levará a cabo unha apretada axenda de traballo nos primeiros días do Festival de Cine de San Sebastián, o máis importante de tódolos que se celebran en España, dentro do seu plan de presenza do audiovisual galego nos acontecementos máis importantes do sector.

Estas accións comezan o venres 22 de setembro, data na que terá lugar a reunión que decidirá as películas subvencionadas polo programa Raíces na edición deste ano. Neste encontro, Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, estará acompañado por Nacho Varela, director-xerente do Consorcio. Á mesma tamén acudirán o presidente do Instituto de Cine Arxentino, Jorge Álvarez, o director do Instituto de Cine Catalán, Xavier Marcé, así como os representantes da Consejería de Cultura de Andalucía, comunidade que se incorpora este ano ao Fondo Raíces de Coprodución.

Rematada a xuntanza, farase público a decisión ante a prensa e os produtores dos territorios implicados, nun acto que se desenvolverá no Hotel María Cristina, onde tamén se darán a coñecer as novas accións do Fondo Raíces para o vindeiro ano, entre elas a promoción das producións subvencionadas no 2005, xa todas practicamente rematadas.

Reportaxes sobre o audiovisual galego

Coincidindo co festival, dúas das publicacións máis prestixiosas do mundo do cine, Variety e Screen International, incorporan senllas reportaxes sobre o audiovisual galego nas súas páxinas. Estas revistas, con edición única en inglés e distribuídas en todo o mundo, son unha referencia obrigada para todos aqueles relacionados co mundo do cine. A experiencia anterior demostra o interese que esperta Galicia internacionalmente e os múltiples achegamentos que esta iniciativa está a producir.

Por outra banda, nesta edición do festival e por primeira vez, estará presente unha delegación de institucións e produtores brasileiros no marco do denominado Sales Office, o espazo de mercado e encontro profesional do festival. Este colectivo manifestou xa o seu especial interese en coñecer máis de preto a realidade de Galicia, motivo polo cal terá lugar unha reunión do director do Consorcio co presidente do Cinema do Brasil, André Sturm, así como cos produtores brasileiros e galegos presentes o luns 25 en San Sebastián, coa intención de achegar posturas de cara a posibles coproducións.

A axenda complétase coa reunión anual da Spain Film Commission, e encontros con diferentes axentes e profesionais do sector audiovisual do Estado e internacionais.

Dentro da presenza galega na 54 Edición Donostia-San Sebastián Festival Internacional de Cine, salienta a participación de Luis Tosar, protagonista da película Las vidas de Celia, que compite en sección oficial, e a película Un franco catorce pesetas no ciclo Emigración, coproducida pola empresa galega Adivina Producciones, e que foi unha das cintas que contou cunha das maiores recadacións do ano, preto do 1.500.000 €.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información