Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza os primeiros encontros co cine galego: Galicia, terra de cine

O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza os Primeiros Encontros co Cine Galego: Galicia Terra de Cine, onde se avanzarán as previsións cinematográficas. Os produtores presentarán aos medios de comunicación galegos, españois e estranxeiros a obra, xa rematada, en preprodución, produción ou montaxe. Máis de 50 especialistas en cine dos medios de comunicación daranse cita en Compostela para coñecer, da man dos seus responsables, a próxima colleita cinemátografica galega. Esta difusión permitirá axudar na promoción, coñecemento e distribución dos produtos.

Esta actividade, que se celebrará os días 15 e 16 de setembro, forma parte do plan de actuación do Consorcio e pretende consolidarse coma unha cita anual en Galicia para, deste xeito, dar a coñecer a realidade do sector in situ, así como todas as posibilidades técnicas, instalacións, profesionais ou localizacións existentes na comunidade e que non sempre son coñecidas.

Nestes primeiros encontros, o Consorcio contará cun importante elenco de produtores, directores e actores, que acompañarán as respectivas presentacións e concertarán encontros e entrevistas particulares cos medios de comunicación asistentes.

Empresas coma Continental, Filmanova, Filmax, Milou Filmes, Adivina, Formato, Voz Audiovisual, Vaca Films, entre outras, compartirán os seus proxectos cos periodistas destacados de medios como Cadena Ser, TVE, La Vanguardia, El Correo, Variety (UK), Antena 3, El País, La Razón, Screen International, Telam (Arxentina), Film-Dienst (Alemaña), Gamma (Francia), El Mundo, Onda Cero, Fotogramas, Europa Press, Imágenes ou Cine por la Red, ademais dos medios galegos interesados e directores de festivais como os de Málaga, Lleida, Las Palmas, Cineuropa ou Ourense.

Así pois, trátase dunha cita importante do cine galego que pretende contribuir á consolidación do sector audiovisual de Galicia no entorno global. A evolución do sector audiovisual galego nas últimas dúas décadas está a supor que cada vez se fale con máis insistencia do chamado “modelo galego” baseado na existencia dun marco legal, un concepto comercial e unha estrutura cada vez máis estable. Todo iso é posible grazas ao dinamismo e capacidade dos profesionais do sector e unha importante sensibilidade e apoio dende as administracións públicas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información