Terr@ctiva: Festival das Artes pola Biodiversidade
CURSOS FORMATERRA
Permacultura
Dinamizadores/as Medioambientais
Risoterapia e estrés
Musicoterapia
Arteterapia
Consciencia Prenatal no Adulto
O Festival das Artes pola Biodiversidade, é un gran festival medioambien al que ten com obxectivo a defensa e a promoción do noso medioambiente. Abre un espazo ás alternativas, á calidade de vida, á expresión artística e cultural, que loita pola efensa da diversidade.
A educación constitúe unha da ferramentas fundamentais para fomentar a cultura e a concencia ecolóxicas. Formaterra, a sección formativa do festival, fai unha clara aposta pola formación de calidade en materia mediambiental e de terapias alternativas convocando seis cursos que serán impartidos por recoñecidos rofesionais a nivel galego, estatal e/ou internacional.
* CURSO DE RISOTERAPIA E ESTRÉS
DURACIÓN: 12 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro
de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
IMPARTE: Ángel Sánchez (Colaborador da ESCOLA DE SALUT INTELIGENTE de Barcelona) /
+ Info: www.republicaclown.org/web/risactiva.htm
O Curso de Risoterapia abordará a sanación desde a arte, sesións de ioga e expresión creativa, buscando sempre a conexión co ser creativo empregando a risa como terapia, como forma saudable para superar os problemas.
Este curso propón a realización de diferentes actividades arredor da persoa, centrado en valores, na autoestima, en técnicas autocentradas para unha saúde integral, a liberación da persoa e o compromiso Social. A través da combinación de xogos e dinámicas grupais participativas, que incentivarán a expresión creativa , abordaranse cuestións como que é e para que sirve a risoterapia, os xeitos de rir, tipos de risa, técnicas respiratorias e desestresantes... sempre a partir do que cada participante poida dar e realizar nun contexto lúdico e relaxado.
*CURSO DE MUSICOTERAPIA
DURACIÓN: 12 horas
IMPORTE: 50 euros

De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
IMPARTE: Ana Gámez (Directora do centro TIERRA INDIA de Tenerife) / + Info: www.tierraindia.com
Tanto para personas xa iniciadas en este gran mundo que é o da música, como para persoas que non tiveran contacto con ela, traballarase o superar os nosos medos, vergoñas, complexos... empregando a música con todas as súas formas de expresión dende agua, pedras, sementess troncos de árbores....... ata instrumentos como tambores, sonajas, frautas, vibráfonos...como principais ferramentas.
A través da percusión, do canto e das danzas de diferentes pobos indíxenas da terra tratarase de espertar a nosa alma para que así o noso espírito creativo floreza. Neste curso recordarase ás persoas participantes como camiñar en equilibrio pola nai terra, agradecendo toda a beleza e perfección no que nos rodea coa música como grande ponte para acadar a outra beira . E logo desde o centro do río que é a vida navegar alí onde nos leven os latidos percusivos do noso corazón.
*CURSO ARTETERAPIA

IMPARTE: Joan Sagrera (Presidente da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ARTETERAPIA) /
En Arteterapia, o proceso de creación artístico e os obxectos resultantes actúan como intermediarios na relación terapéutica, permitindo que determinados sentimentos ou emocións conflictivas atopen vías de expresión complementarias ou alternativas á palabra. A Arteterapia caracterízase polo uso de medios e procesos artísticos para axudar a conter e resolver os conflictos emocionais ou psicolóxicos das persoas.
Este cursos, pretende construir e profundizar no coñecemento da arteterapia, especialmente na súa dimensión preventiva en aplicación ao contexto educativo, así como o desenvolvemento de competencias para realizar intervencións arteterapéuticas no contexto escolar.
*CURSO DE CONSCIENCIA PRENATAL NO ADULTO,
ESE ESPAZO E ESE TEMPO QUE NON LEMBRAMOS

IMPARTE: Xabela Vargas (Directora de BENGALA, ESCOLA DE CRECEMENTO PERSOAL)
+ Info: www.metodobengala.com
As cousas só cambiarán cando saibamos que as emocións, o medo, a ira, a dor e o amor, son a auténtica guía da nosa saúde e da nosa conexión cos demais e co universo. Só amaremos despois de comprender. O corpo está para experimentar este proceso. Doutro modo, o noso creador, sexa quen sexa, nos tería formado puros. O proceso é unha elaboración, unha expansión do amor, unha extensión do espírito. O desafío deste curso é comprender cómo operan estas forzas nas células e nas moléculas do ser desde o primeiro momento da nosa concepción. A tavés dun método vivencial e das técnicas do ioga, fundamentalmente da respiración, busca a conexión co neno que eramos no feto. As persoas participantes neste curso deberán levar roupa cómoda, un coxín e unha manta; un cuenco mediano para enchelo de auga.; libreta para tomar apuntes ou grabadora e moitas ganas de crecer.
*CURSO DE DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS
DURACIÓN: 16 horas.

De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
IMPARTE: Verónica Campos (Educadora Medioambiental)
+ Info: www.culturactiva.org
O curso oriéntase á formación de axentes medioambientais que poidan dende a realidade xerar novas dinámicas de organización xuvenil e artística, ademais de crear unha base de educadores medioambientais que adquiran pautas para traballar de xeito dinámico no respecto e recuperación do ecosistema, dende o compromiso social, educativo etc. No curso abordaranse as principais problemáticas ambientais globais e galegas, os procesos de solucións, que é eso do Desenvolvemento sustentable e a Globalización e Medio Ambiente. Como metodoloxía de funcionamento, aplicaranse técnicas de resolución colectiva dos problemas, dinámicas de enxeñería autocentrada e modelos de análise activa da realidade mediambiental e social.
*CURSO DE PERMACULTURA
DURACIÓN: 14 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 de setembro de 13:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:30 h e domingo 24 de 10:00 a 14: 30 h e de 16:30 a 20:30 h.
IMPARTE: Antonio Palma (Coordinador do grupo de Permacultura en Galicia e colaborador da Academia de Permacultura Nodo Espiral España)
+ Info: http://groups.yahoo.com/group/permaculturagaliza/
O curso aportará ás persoas participantes formación teórica básica en Permacultura, orientada á concienciación e sensibilización de persoas con interese e inquietude por formar parte dun verdadeiro cambio a escala planetaria. Ofrecerase información relevante para establecer as bases formativas, nunha futura capacitación como activistas en ecoloxía, medio ambiente, comunidade, acción social etc. para loitaren por chegar a construíren unha Cultura Permanente e deseñar asentamentos humanos sostibles.
INSCRICIÓN E PAGO DOS CURSOS FORMATERRA
Para facer a inscrición nos cursos do Festival Terractiva, seguir con atención os pasos indicados neste apartado.
A inscrición para os cursos realizarase exclusivamente a través do número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso ao número 981 575 699.
Cada curso ten un máximo de 20 prazas. A inscrición nos mesmos será por estricta orde de ingreso bancario. A organización do Festival Terractiva, poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias.
O prazo de inscrición remata o mércores 20 de setembro de 2006. As persoas que desexen facer unha inscrición despois desta data deberán poñerse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836
1.- Ingresar o importe total do curso no que se desexa participar no número de conta de Caixanova 2080. 0540. 45. 00040001988 ata o 20 de setembro de 2006, indicando o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante do mesmo.
2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante.
3.- Pórse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836, solicitando cubrir a ficha de inscrición nos cursos.
No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, o/a alumna/o entrará directamente en lista de agarda. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado.

Comunicación Terractiva 2006 (www.terractiva.org)