Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Igaem e Galaxia editan a obra Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario, dentro da colección Biblioteca de Teatro

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte e Editorial Galaxia veñen de coeditar a obra Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario, unha aproximación á obra dramática do escritor sadense no contexto europeo e galego, coa que se inaugura a serie Grandes Manuais dentro da colección Biblioteca de Teatro. O profesor Manuel F. Vieites asina a edición deste libro, que recolle aportacións doutros sete autores, e co que se rende unha homenaxe á figura de Lugrís Freire como dramaturgo e home de teatro.

Afonso Becerra de Becerreá, Cristina Domínguez Dapena, Daniel González Salgado, Mar Montenegro, Norma Rodríguez, Ricardo Solveira, Damián Villalaín e o propio Vieites participan no volume mediante a achega de distintos escritos cos que se traslada unha completa visión de conxunto. Trátase de materiais de moi diverso tipo que teñen como finalidade orientar e potenciar a práctica do teatro, tanto para iniciar como para desenvolver proxectos de creación, expresión, comunicación e recepción teatral.

A figura e a obra de Lugrís Freire, a quen a Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas 2006, abórdanse neste libro como un exercicio necesario de recuperación da nosa memoria histórica. Estruturase ao través de dúas partes diferenciadas: unha primeira sobre os estudos literarios e teatrais que contextualizan a escrita e publicación da obra de Manuel Lugrís Freire no seu tempo; e unha segunda dedicada á creación teatral, na que se analiza o proceso que vai do texto ao espectáculo.

COLECCIÓN ABERTA

A nova entrega ocupa o número 1 da serie Grandes Manuais, que xorde co obxectivo de publicar obras de autoría galega que, dende unha perspectiva sistemática e pormenorizada, afonden nunha área teatral concreta co obxectivo de potenciar dende Galicia a produción e a difusión do coñecemento sobre as artes escénicas.

Grandes Manuais vénse a sumar ás outras dúas series xa abertas nesta Biblioteca de Teatro, xa que até agora existían as tituladas Manuais, dentro da que se están a traducir ao galego textos de referencia internacional no ámbito dos estudos teatrais; e Breviarios, na que se inclúen libros de autores e profesionais galegos a través dos que se proporciona unha introdución xeral e de carácter eminentemente práctico a unha determinada materia, en consoancia coa asignaturas impartidas na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Gabinete de Comunicación do Igaem (Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información