Resolta a 4ª edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/museo_do_pobo_galego.jpg)
Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. O premio que lembra a
figura do sobranceiro etnógrafo e profesor natural de Cotobade
procura impulsar proxectos de investigación e coñecemento do
patrimonio cultural desenvolvidos dende as escolas e institutos pero que insiran a toda a comunidade educativa.
O Xurado, formado polo Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias
Vilas, Mar Llinares García representando á Fundación Caixa Galicia, Verónica Rego López por Caixanova e representantes da Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, decidiu por unamidade seleccionar na modalidade de Ensino Primario o proxecto Educaldea do CEP Antonio Brea Segade de Taragoña e, en Ensino Secundario, ao IES Pontecaldelas coa proposta de O Patrimonio, un recurso endóxeno ameazado e esquecido.
A iniciativa da Fundación Antonio Fraguas, está patrocinada pola
Fundación Caixa Galicia e por Caixanova e lanzouse por primeira vez no ano 2003. Dende entón, son xa catro edicións, nas que, recibiron o premio na modalidade de Ensino Primarioo proxecto O Mar,doColexio Público de Ensino Primario de Xuño,Os Hórreos do Concello de Ribeira de Piquín, presentado polo CEIP Aníbal Otero de Ribeira de Piquín e A toponimia do Val Miñor, presentada polo CEP A Cruz de Camos- Nigrán. Na modalidade de Ensino Secundario oproxectos Obradoirode cultura popular, historia local e medio ambiente, presentado polo Colexio Público integrado “Alfonso VII” de Caldas de Reis,Muíños de Agua no Concello de Foz, presentado polo IES de Foz e o proxecto intercentros do Condado, O patrimonio das pesqueiras do Miño, presentado polo IES Pedra da Auga de Ponteareas e mais polo IES Pazo da Mercé de As Neves.
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/anton_fraguas.jpg)
Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego