Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Ánxela Bugallo presenta na Feira do Libro de Madrid a obra Poemas pola Memoria

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou na Feira do Libro de Madrid o volume Poemas pola memoria, Antoloxía de poesía galega sobre a represión (1936-2006), publicado con motivo de “2006, Ano da Memoria”. O acto contou coas intervencións do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, da escritora exiliada durante o franquismo, Mariví Villaverde, e do editor do libro, Manuel Fernández Rodríguez. Tres poetas que achegaron textos para esta antoloxía, Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo e Vicente Araguas, deron lectura a varios poemas incluídos nesta selección, como tamén fixeron varios galegos residentes en Madrid.

A conselleira de Cultura agradeceulle aos presentes a súa asistencia a un acto, dixo, que “máis que unha presentación dun magnífico libro é un recoñecemento sincero ás persoas que sufriron a ditadura franquista, e que no caso de Galicia se ensañou especialmente co galeguismo cultural e político”. “A poesía” –proseguiu a conselleira, “converteuse en denuncia e testemuña emocionante dun dos tempos máis duros da nosa historia e estas son testemuñas obrigadas do horror que viviron”.

Ánxela Bugallo salientou o feito de que a maioría destas composicións tiveron que ser escritas nun exilio que foi definitivo para moitos e que abriu unha fenda na cultura galega e apuntou que os textos máis recentes responden á necesidade dos poetas de reaxir, “de asumir a obriga moral e política de recuperar a nosa memoria para construír o noso futuro”.

Ánxela Bugallo lembroulle ao auditorio do Pavillón Fundación Círculo de Lectores que en Galiza, o presente ano 2006 foi declarado oficialmente o “Ano da Memoria” por parte do novo goberno da Xunta. Segundo Bugallo, “esta decisión supuxo un cambio radical na recuperación da nosa historia e o xusto recoñecemento a todos e todas as que loitaron pola liberdade”. Tres son os eixes fundamentais deste programa de conmemoración: a investigación, a homenaxe e a difusión.

De feito, un equipo de traballo integrado polas tres universidades galegas está xa investigando todos os acontecementos que se produciron nos anos da represión. Durante este ano estanse a organizar actos de homenaxe e de recoñecemento das vítimas e das súas familias e a Xunta colaborará cos que se celebren desde as asociacións pola recuperación da memoria.

O obxectivo primordial desta efeméride é a difusión. Afirmou a conselleira que “queremos saber a verdade e queremos que a sociedade galega a coñeza para deixar atrás o tempo dos silenzos, dos buracos negros, das preguntas sen resposta”. Varias exposicións, libros, un portal de internet e un congreso contribuirán a “espallar esa luz”, engadiu.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información