Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolle a exposición Buscando imaxes para a promoción da lingua

O acto terá lugar na Sala de Exposicións da Facultade de Veterinaria, onde permanecerán expostos os cincuenta traballos presentados ao certame, así como as propostas que participaron no concurso de carteis para a difusión da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía.
Na mostra tamén estará presente o traballo gañador do premio, deseñado polo alumno de Enxeñería Técnica Forestal da Escola Politécnica Superior, Pedro Guerreiro Iglesias. O xurado destacou a sinxeleza e a claridade do deseño, a doada identificación do concepto que expresa, e a facilidade de reproducción en todo tipo de soportes, tamaños e cores.
O obxectivo da convocatoria era darlle unidade visual e continuidade ás accións das comisións de normalización lingüística. O logotipo vaise usar para cada comisión en particular, persoalizado, e tamén para actuacións conxuntas de todas elas, e plasmarase en soportes variados e de diferentes dimensións.
A exposición Buscando imaxes para a promoción da lingua será clausurada o vindeiro 26 de marzo. Con anterioridade foi montada no claustro da Facultade de Xeografía e Historia, en Santiago de Compostela.
Gabinete de Comunicación da USC

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información