A Cátedra de Cultura Cubana da USC organiza o Seminario Internacional Alejo Carpentier e España
A Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da Universidade de Santiago organizará entre os días 2 e 5 de marzo un Seminario Internacional monograficamente centrado nas fecundas e profundas vinculacións de Carpentier e a súa obra coa cultura española de todos os tempos. O seminario, enmarcado nas actividades que a Cátedra celebra para conmemorar o primeiro centenario do nacemento do autor cubano de El siglo de las luces que se cumpre o vindeiro 26 de decembro, é o que inicia en toda España, por desexo expreso da viúva do escritor, os actos conmemorativos do seu centenario, aos que a USC tamén rende tributo coa edición académica dos textos críticos do escritor sobre arte española.
Carpentier mantivo un estreito e actualizado coñecemento da literatura, as artes e a historia peninsular, apreciable tanto na súa obra de creación coma nas súas achegas críticas. Así, con algúns dos máis destacados persoeiros españois estableceu amizade e participou directamente nalgúns momentos climáticos da vida ibérica dentro e fóra das súas fronteiras. España foi un dos seus espacios novelescos privilexiados, que tamén o acolle e lanza como novelista coa publicación en 1933 do seu ¡Écue-Yamba-O!, data a partir da que este país resulta un dos centros de maior edición e promoción da súa obra.
O encontro, dirixido polos profesores Yolanda Novo e José Antonio Baujín, estructurarase en distintos bloques temáticos nos que participarán como relatores destacados especialistas das Universidades de Santiago de Compostela, Autónoma de Madrid, Búfalo (EE.UU.), La Habana, Amiens (Francia), Yale (EE.UU.) e da Biblioteca Nacional Jose Marti de Cuba, entre outros, que realizarán un balance crítico actualizador e abrirán novos horizontes á investigación neste campo.
O seminario dará comezo na Facultade de Filoloxía o día 2 de marzo ás 9:30 horas co acto inaugural tras o que se desenvolverá o primeiro bloque temático, que continuará pola tarde, sobre España na biografía intelectual de Alejo Carpentier. Os asedios carpenterianos á historia e á sociedade peninsular, no que intervirán profesores da Universidade da Habana. Na mesma xornada terá lugar, a última hora da tarde, a presentación do CD sobre as voces do exilio español en Cuba que a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes elaborou especificamente para este Seminario.
Xa o mércores, 3 de marzo, as sesións matutinas dedicaranse a tratar o tema España no pensamento lingüístico, o ensaísmo e a teoría e crítica literarias de Carpentier, coa participación de profesores da Universidade da Habana e de Santiago de Compostela. Xa O patrimonio bibliográfico español nas fontes da obra carpenteriana será a cuestión a analizar na xornada da tarde, na que ademais terá lugar a presentación dos volumes 3 e 4 da Biblioteca da Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC, unha colección específica da Cátedra.
O terceiro día do Seminario, o xoves 4, desenvolverase unha serie de actividades de índole non académica como proxección de documentais, conferencias e entrevistas de e con Alejo Carpentier, un maratón de lectura de textos de Alejo Carpentier ou unha visita á Exposición bibliográfica do Fondo Cuba da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela sita na Biblioteca Xeral que se inaugurará o luns, 1 de marzo. Na tarde do xoves, ás 16:30 horas, dará comezo o cuarto bloque temático no que expertos das Universidades da Habana, Búfalo e Santiago de Compostela falarán da relación de Carpentier coas artes españolas.
Este Seminario Internacional, patrocinado polo Grupo Santander e a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, celebrará o venres 5 a súa última xornada co desenvolvemento do último bloque temático Diálogos da ficción carpenteriana coa literatura española no que participarán expertos das Universidades de Antwerpen (Bélxica), A Habana, Autónoma de Madrid e Yale.
As persoas interesadas pode acadar máis información na páxina web: http://www.xestion.usc.es/webactcul/CatedraCarpentier/carpentierintro.html.

Gabinete de Comunicación USC