Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Comezan as celebracións ao redor do Día das Letras Galegas no Museo do Pobo Galego

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego inaugurou as actividades previstas para a semana dedicada ás Letras Galegas. Uns 20 rapaces e rapazas, entre os 4 e os 9 anos, disfrutaron esta mañá dun obradoiro sobre os Maios que se desenvolveu no claustro do Museo e no Parque de Bonaval. No decurso do mesmo, os  cativos recolleron distintos elementos vexetais ccos que logo,xunto con flores e froitas, dispuxeron sobre as estructuras cónicas dos maios.Finalmente cantaron coplas dedicadas ao maio.  Ademais de celebrar esta festa popular  e lembraron que é este o mes onde se celebra a nosa lingua de xeito especial.  A actividade, como en toda a programación  do Departamento de Educación do Museo, busca tamén un uso normalizado da nosa lingua entre os máis pequenos.
 
O Museo vai distribuír entre os seus visitantes, información sobre esta celebración e sobre o autor homenaxeado, Manuel Lugrís Freire, pero ademais, resulta que o día 18 de Maio conmemórase o Día Internacional dos Museos para o que este ano o ICOM elixiu o lema de Os museos e a xente nova. O día 18 , polo tanto, continúase coa dedicación especial ás Letras Galegas pero tamén se obsequiará aos nosos visitantes máis novos cun agasallo especial nese día de festa para todos os museos do mundo no que ademais sae un novo número da serie dos Caderniños Didácticos do MPG, dedicado ao Tecido.
 
Por outra banda, poderanse visitar dúas exposicións temporais nas instalacións do Museo do Pobo Galego:
 
Debuxos e gravados nas construcións populares

Fotografías de Luís-Higinio Flores; ata o31 de maio

Unha colección de imaxes que reproducen motivos gravados a punta de navalla, e nalgún caso debuxados, por autores anónimos sobre portas e ventás de casas, muíños ou capelas curtidas polo tempo, que unen ao valor icónico da variada tipoloxía dos signos con que se expresa a cultura rural as diversas texturas da madeira patinada pola chuvia e a intemperie, os liques e mofos que lle prestan variedade e riqueza plástica.

IX Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo

Organizan: Deputación Provincial da Coruña – Concello de Santiago de Compostela; ata o23 de maio
Museo do Pobo Galego

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información