Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Historia Natural, de Matarile Teatro, continúa a sua xira con éxito

Despois dun parón durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo pola encarga do Centro Dramático Galego á directora Ana Vallés de crear e dirixir o espectáculo Illa Reunión, as novas citas de Historia Natural son:

29 de abril - Gran Teatro Falla - Cádiz
7 de maio - Teatro Jofre - Ferrol
19 de maio - Festival Teatro Gayarre - Pamplona
27 de maio - Festival Internacional de Teatroyartesdecalle TAC - Valladolid
23-24-25 de junio - Festival Internacional En Pé de Pedra - Compostela
18 de octubre - Festival “Les Translatines” - Bayona (Francia)

O espectáculo estreado o 16 de xaneiro de 2005 no Teatro Principal de Santiago de Compostela recibiu o Premio do Público ao Mellor Espectáculo da XIII Feira do Teatro de Galicia e o Premio ao Espectáculo Mais Orixinal e Innovador do Festival Internacional de Teatroyartesdecalle TAC de Valladolid e ademáis o Premio María Casares á Mellor Iluminación do Teatro Galego ‘06.

Actuacións máis importantes realizadas con Historia Natural (eloxio do entusiasmo):
XIII Feira do Teatro de Galicia (Santiago de Compostela)
XI Festival Internacional de Teatro y Artes de Calle (Valladolid)
X Festival do Eixo Atlántico FESTEIXO (Viana do Castelo - Portugal)
XXVIII Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica FITEI (Porto - Portugal)
25ª edició Fira de Teatre al Carrer de Tárrega (Tárrega)
Teatro de La Abadía (Madrid)
BAD 7º Festival de Teatro y Danza Contemporánea (Bilbo)
XVI Muestra Internacional de Teatro Contemporáneo (Santander)
IV Festival VEO Vàlencia Escena Oberta (Valencia)

Historia Natural reúne teatro, danza e música en directo e está integrado por once intérpretes (6 actores, 2 bailaríns e 3 músicos) de distintas procedencias: Galicia, Madrid, Andalucía e Canarias. Con dirección e textos de Ana Vallés, citas de Peter Handke e o espazo e a iluminación de Baltasar Patiño.

Actores - bailaríns - músicos: Daniel Abreu, Mariu del Amo, Helen Bertels, Antón Coucheiro, Roberto Leal, Emma Silva, Guillermo Weickert, Sergio Zearreta; frauta - Luis Soto, André Cebrián; tuba - Hugo Portas, Plablo Emilio; trompeta - Ramón Llatser, Eliseo Penín    

Produce: Matarile Teatro - teatro galán
Coproducen: IGAEM, INAEM, Concello de Santiago
Colaboran: Padroado da Cultura Concello de Narón, Fest. Int. Teatroyartesdecalle TAC (Valladolid)

As descricións dunha historia natural e o entusiasmo como perseveranza do sentimento. A ollada do que contempla o público desde o refuxio da privacidade. E ao revés: o xuízo social do acontecemento privado. ¿Onde remata o espazo público e comeza o privado? A saudade continua dunha paisaxe perdida, dun espazo vital descoñecido pero sempre buscado. A eterna esperanza de crer que todo pode ser diferente se cambia a paisaxe, o noso espazo, “cando o bosque avance”.

Matarile segue a apostar por un teatro que funde distintas linguaxes escénicas, un teatro que se arreda dos personaxes para reflectir as persoas que somos e a vida que vivimos, un teatro da suxestión que comunica directamente co espectador por medio do movemento, a palabra, a ironía, o humor, a complicidade e a imaxe.

MATARILE TEATRO créase en Santiago no ano 1986. Puxo en escena 20 espectáculos, numerosas performances e colaboracións con outras compañías. Presentou os seus espectáculos en Francia, Portugal, USA, Inglaterra, Iugoslavia, Italia e Alemaña.

Fotografía: Mónica Couso
Matarile Teatro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información