Despois dun longo proceso de xestación, nace unha revista galega con vocación cultural e nacional: NAZ.ON

É clarificador, neste primeiro número, que na portada figure Méndez Ferrín e a súa afirmación de que "grazas á nosa literatura, non somos unha rexión".
A revista presta atención á música galega, á arquitectura, ós libros, ás cidades, ás persoaxes, ás lembranzas, ás exposicións, ó teatro, ó cine, ós museos, ós xestores culturais, á natureza ou ó turismo: Cultura no sentido máis amplo
Promove esta publicación Eloi Caldeiro, lider do grupo folc Brath, con longa traxectoria de músico, editor (Sons Galiza), escritor e promotor cultural.
A tirada inicial da revista é de 3.000 exemplares, e a súa periodicidade será bimensual. O importe da subscrición anual (6 números), é de 15 €, entregándose como agasallo un cd de música galega.(Subscricións: Atlantia Entertainment,s.l.-Bispo Aguirre,1.(Galerías.Local1)-27.001-LUGO.

A Galicia Dixital comprácelle da-la benvida a "Naz.on" ó mundo cultural galego, e augurarlle un éxito total, polo oco que ven encher, e pola necesidade que Galicia ten de información sobre a súa historia cultural e sobre a actualidade cultural conformada por milleiros de iniciativas privadas ou institucionais, que moitas veces só consiguen pequenos recantos ou mencións nos medios informativos.
R.