Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Pérez Touriño anima ás xentes da cultura e aos axentes económicos a crear industrias culturais potentes mediante o mecenado e o investimento

O titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeu o apoio do Goberno que preside a todas aquelas iniciativas encamiñadas á creación de industrias culturais potentes. “Galicia está en condicións, posúe a materia prima esencial para o xurdimento de iniciativas empresariais arredor da cultura, para a creación e o fortalecemento de industrias culturais potentes e cunha clara vocación de xeración de emprego e riqueza”, afirmou. Por iso, sinalou estas iniciativas contan “co compromiso do Goberno galego e eu quero animar non só ás xentes da cultura, senón tamén ás empresas e aos axentes económicos a que se unan a este obxectivo de país mediante o mecenado e mediante o investimento”.

Durante a inauguración da sede da Fundación Caixa Galicia, o máximo mandatario autonómico tamén sinalou que o Goberno galego concibe a cultura “como un ben social”, como “un dereito dos cidadáns” e co “espazo de liberdade” capaz de incrementar a autonomía das persoas e o benestar da comunidade. Partindo destes principios, engadiu Touriño, “considero que é unha obriga dos poderes públicos contribuír á súa difusión e a facela accesible ao conxunto dunha cidadanía á que debemos estimular para participar en todos os procesos sociais e tamén nos culturais”.

Potencialidade da cultura

Na súa intervención, o presidente da Xunta salientou que, precisamente a cultura é un dos ámbitos onde Galicia presenta unhas capacidades “máis que notables e un moi considerable potencial de futuro”, e xa non só no que atinxe ás súas “dimensións tradicionais de conformación simbólica da identidade persoal e colectiva”, senón tamén no tocante ao seu papel como “factor de dinamización social e política e como sector económico de importancia crecente”.

Na Comunidade galega, segundo lembrou Pérez Touriño, a cultura segue a desempeñar os seus cometidos tradicionais, sendo portadora de símbolos e creadora de valores, tanto individuais como colectivos. Así mesmo, a cultura tamén segue a ser un importante elemento para a cohesión identitaria e para o autorrecoñecemento como galegos. A novidade é, a xuízo do mandatario autonómico, que, “por primeira vez na nosa historia, a actividade cultural empeza a ser tamén un elemento xerador de riqueza e un factor de vitalidade económica e social”. “Neste aspecto –engadiu-, Galicia non é allea ao que ocorre ao seu arredor e está a falar con voz propia no contexto español e internacional”.

Por este motivo, Emilio Pérez Touriño reiterou o apoio do Goberno que preside a esta materia posto que, segundo sinalou, “os creadores galegos e a cultura galega teñen que contar co apoio de políticas culturais e de estruturas de difusión que lles faciliten tanto o eco interior como a súa participación na cultura do mundo”.

A nova sede da Fundación

Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén lle trasladou os seus parabéns á Fundación Caixa Galicia, ao seu presidente, ao seu director xeral e ao Padroado, así como ao arquitecto Nicholas Grimshaw, o creador da nova sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña.

Ademais de pola nova sede da Fundación, segundo Touriño, “unha nova estrutura ao servizo da arte, da cultura e da promoción social e económica do país”, o presidente da Xunta tamén felicitou a Caixa Galicia “pola actividade global de recuperación arquitectónica que, a través do seu programa de sedes, está a levar a cabo a fundación nas principais cidades galegas”.

“Non podemos obviar que este edificio que hoxe se inaugura forma parte dun ambicioso proxecto polo cal a Fundación Caixa Galicia dispón xa de sedes en edificios emblemáticos, recuperados para a vida cidadá e coidadosamente rehabilitados, en Vigo, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Monforte de Lemos e Santiago de Compostela”, sinalou.

Por último, o mandatario autonómico amosou o seu desexo de que a nova sede se converta nun “novo faro de luz e de cultura, de galeguismo e diversidade, de pluralidade e de civismo; un faro capaz de detectar e dar luz a todos os navíos que surcan os mares da cultura nesta Fisterra que é o principio e a fin de todos os camiños”, concluíu.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información