Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xosé Zapata, produtor de A casa da miña avoa destaca a exemplaridade de Play-Doc

O 7 de abril chegará aos cines españois a “A Casa da miña avoa”, unha longametraxe documental dirixida por Adan Aliaga e producida por IBE cinema que foi presentada en Play-Doc, o II Festival Internacional de documentais de Tui, dentro da sección oficial Atlántico. O seu produtor Xosé Zapata explicaba en rolda de prensa a especial vinculación da empresa co mundo documental e que no caso concreto de “A Casa da miña avoa” foi un paso máis nos traballos que están a realizar vinculados a Galicia ao tratase dunha longametraxe e pola promoción internacional que está ter. Aínda que o director é valenciano e a historia transcorre en Valencia, a tradición popular e a idiosincrasia que amosa ten moito que ver coa galega, segundo Zapata.

Este documental foi xa premiado o ano pasado en Amsterdam e vén de recibir nos últimos días mencións especiais nos festivais de Miami e Chicago. Logo de estar en Play-Doc continuará a súa andaina nos festivais de Oslo, Tesalónica, Tel Aviv, Nueva York, Toronto, Guadalajara-Mexico, Seul e Sidnye.

Xosé Zapata, con ampla experiencia en festivais internacionais, destacou que “Play-Doc é un festival exemplar” destacando que “o nivel deste festival é moi interesante e máis tendo en conta que é a súa segunda edición” e engadindo que “o nivel de profesionalidade que destila é bastante impresionante”.

Tamén destacou Xosé Zapata que o rexurdimento do documentalismo español está a interesar moito en Europa “por iso en Amsterdam nos premiaron como bandeira do documental español” e engadiu que “A casa da miña avoa” está a ser unha referencia o que contribúe a que “o noso cine sexa recoñecido fora e teña un prestixo fora do que é Almodovar”. Por todo isto concluía que “play-Doc dentro do rexurdir do documental en España é imprescindible para que o público se achegue a estas obras”. Indicaba tamén Xosé Zapata que ao tratarse dun dos poucos festivais especializados en documentais “se o fai ben e ten o apoio das institucións está chamado a ser un éxito, consolidarse e lograr repercusión internacional”.

Play-Doc

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información