Conclusións da mesa de birlos

O ambiente, as palabras e as intencións amosadas polas distintas entidades e persoas alí presentes -a verdade- foron bastante positivas. falou-se da situación da federación, da súa participación no Campionato español e da necesidade dumha maior implicación da Xunta e doutras Administracións.
Por concretar a cousa, aquendou-se en realizar un "Censo de modalidades", fazer unha recompilación de todas as variantes coñecidas do xogo de birlos (as que se seguen a praticar e as que se deixaron de praticar) e convocar un I Encontro Galego de Birlos/Bólos, que podería ser o remate das distintas Ligas, ou podería coincidir co Encontro Internacional que ten programado a Federación entre 26 e 28 de maio.

En liñas xerais a isto foi ao que se chegou na 1ª xuntanza da Mesa dos Birlos. Desde Brinquedia poñemo-nos xá a traballar na 1ª edición da Mesa da Chave, con semellantes intencións con outro dos desportes tradicionais con maior número de participantes e sen Federación propia.
Lois Pardo (Rede Galega do Xogo Tradicional)