Novas pistas relacionadas co asesinato de Susana provocan un tráxico suceso en Celavella
Logo de que súa nai lle confesa a Pablo a relación segreda con Belisario e que era con ela coa que estaba no río o día do asesinato de Susana, o avogado decide seguir co caso e e así demostrar a inocencia do fantasma. Belisario, malia non poder saír do despacho, demostra ser un excelente axudante gracias as súas dotes de psicoloxía.O caso cobra un xiro inesperado cando, nas suas andanzas polas aforas de Celavella, Indalecio atopa un esqueleto e o pon en coñecemento de Wenceslao. O tenente abre unha investigación, na que pide a colaboración de don Dionisio. Sorprendentemente, o achado garda relación co crime de Susana.
Por outra banda, chega a Celavella un home singular: o Sr. Memoria, o home que todo o lembra (interpretado polo actor Manuel Lourenzo). Paquiño é o máis impresionado co seu espectáculo. Ó mesmo tempo, os homes da vila organizan unha sesión privada de cine para ver unha película que ten un interese especial para eles. Cando marchan, Paquiño agarda agochado, e ve algo que preferiría non ter visto. Algo que conmociona a toda Celavella. Hai un asasino solto, e está disposto a matar a Pablo Veiga.
Departamento de Comunicación Voz Audiovisual


