Def con Dos presenta novo disco
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/def_con_dos.jpg)
Quince anos despois de dar os seus primeiros pasos, convertidos xa nunha banda imprescindible e sobradamente coñecida dentro e fora do noso país, voltan á primeira liña do rock estatal co seu primeiro directo “6 Dementes contra el Mundo”.
Temas como “Ultreia”, “Acción Mutante”, “A.M.V”, “Alzheimer”, “Armás pal Pueblo”, “El dia de la bestia”, … están incluídos neste traballo que sae á venda o 20 de febreiro de 2006.
A presentación en Galicia ven da man de Xana Produccións, e os concertos programados son o venres 16 de febreiro na sala Nova Olimpia (Vigo) e o sábado 17 na sala Capitol (Santiago). As entradas están a venda en todas as tendas Tipo de Galicia, Disco Precio (Santiago) e Discos Elepé (Vigo) a un prezo de 15 € en anticipada e 18 € en taquilla.
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/def_con_dos_directo.jpg)
Minia Rey Román (Xana Producciones S.L.)