Presentado o Proxecto-Edición, producido polo CGAC de Santiago de Compostela, o MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane de A Coruña
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/proxecto_edicion_1.jpg)
O proxecto dá inicio coa celebración dunha festa-presentación no IGI de Santiago de Compostela e coa posta en marcha da web www.proxecto-edicion.net, xa operativa.
As tres institucións acollerán, de xeito alternativo ou complementario, os diferentes proxectos que se vaian xerando, desde exposicións ata talleres, centros de documentación, feiras, encontros, etc. que se irán dando a coñecer en cada momento.
1- INTRODUCIÓN
O proceso de normalización cultural emprendido en España desde a época do goberno de Felipe González, co fin de equiparármonos cos países do noso contorno, centrouse no colector (museos e centros de arte) e o seu contido (a exposición), desatendendo outras áreas decisivas para a arte contemporánea.
Exemplo diso é a incipiente proliferación de centros de recursos (Hangar en Barcelona, Arteleku en San Sebastián, Centro Párraga en Murcia, Medialab en Madrid) mediatecas (Caixaforum), proxectos independentes (Experiemtem amb l’Art en Barcelona, Panorama en Olot), asociacións (AVAM, AAVC, ACCA). Neste panorama de reestruturación temos que situar tamén fenómenos incipientes como o Instituto de las Artes (Madrid), o Consell de les Arts e ICAC (Cataluña), a Asociación de Directores de Museos, as asociacións de críticos, etc.
Unha vez cumpridos os obxectivos da primeira fase(dispoñer dunha rede de centros expositivos e dun programa de exposicións temporais), detéctase a necesidade de comezar unha segunda etapa e ocuparse doutras esferas da arte.
Dentro destas, un campo de traballo prioritario é a edición, concibida en xeral baixo os parámetros convencionais do ensaio, o manual e o catálogo.
Por outra parte, precisamente no momento en que se está a revisar o modelo expositivo (Impasse 4, La Panera, Lleida, 2004; Alternativas a la exposición, CASM, Barcelona, 2005) trátase de buscar outros horizontes na produción (Processos oberts, Terrassa, 2004-2005; Producta, Barcelona, 2004)e o traballo procesual (Processos oberts, Terrassa, 2004-2005; Madrid abierto,2005). Este proxecto propón como horizonte de traballo e de investigación o mundo da edición.
O Proyecto-edición non é unha exposición, senón un proxecto autónomo que explora todas as potencialidades do medio: edición dixital, edición de imaxes e textos, de libros de artista, etc. Trátase dun proxecto amplificado (exposicións, actividades, seminarios, encontros, producións, distribucións, etc.) no que cada parte ten relación co todo, pero á súa vez é independente e réxese por unha lóxica interna.
Obxectivos
- Iniciar un proxecto pioneiro e diferencial baseado na edición
- Investigar o estado da cuestión e a realidade da edición na sociedade da información
- Desenvolver proxectos e aplicacións específicas e prácticas das potencialidades da edición como ámbito creativo
- Incentivar producións con carácter excepcional e excelente
- Propiciar unha constante reflexión sobre o estatus da información e a construción da mesma a través de sistemas codificados de edición
- Incentivar contactos entre artistas, deseñadores e editores
- Xerar un ámbito de debate e de estímulo para potenciar estes contactos
- Activar un área de producción basado en la investigación y la calidad, que convierta a Galicia en punto de referencia de este ámbito creativo e investigador.
- Activar unha área de produción baseada na investigación e a calidade que converta Galicia nun punto de referencia deste ámbito creativo e investigador
Estrutura de traballo
O desenvolvemento do proxecto en 3 anos é preciso para darlle consistencia, fuxindo de formatos efémeros e de proxectos de consumo inmediato, e intentando xerar un espazo de debate, investigación e produción que exceda os tempos expositivos e administrativos. Isto implica traballar a varias velocidades con tempos moi diferentes, con obxectivos dispares e con producións de diferente calado.
Cada ano as actividades organízanse arredor dun eixo temático (o futuro da actualidade, información/contrainformación, copyright/copyleft) e cada unha delas desprega un tipo de actividade, unha relación co seu público diferenciado, e un potencial de investigación autónomo e, ao mesmo tempo, complementario do resto.
Eixos temáticos
2006- O futuro da actualidade
2007- A información/A contrainformación
2008- PENDENTE
Cada un destes eixos temáticos consta de 8 seccións ou tipos de actividade para atender á complexidade do fenómeno da edición:
- investigación
- produción
- espazo documentación
- web-portal
- exposición
- distribución
- colaboracións
- talleres e seminarios
- encontro-feira
2006
O FUTURO DA ACTUALIDADE
Vivimos nun mundo obsesionado pola novidade, pola actualidade e o acceso á información; o que implica tamén vertixe, impaciencia, frivolidade e obsolescencia. Rastrexar as formas de construción do que consideramos actual –desde a perspectiva da creación visual– servirá para adiviñar o futuro ao que apuntan as nosas conformacións visuais, informativas, documentais, arquivísticas, etc.
Os conceptos que se desenvolverán no proxecto son os seguintes: o estatus da información na sociedade do coñecemento; a xestión da información, os modelos de xestión e o acceso á información, a circulación da información; a construción da información; a noticia, a actualidade e o documento; as formas de documentación e o arquivo da actualidade; a actualidade; o noticiable; os criterios para construír unha idea do novo; o filtro subxectivo da información.
Estes conceptos desenvolveranse en xeral, ou de forma específica, en cada unha das seguintes seccións:
6.0- Investigación.
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/proxecto_edicion_2.jpg)
6.1. Produción
Dado que a área da edición traballouse unicamente desde o punto de vista convencional (ensaios, manuais e catálogos), e que hai poucos e escasos proxectos singulares, é necesario enfocar a producción como un dos trazos diferenciais do proxecto, plantexando novos retos aos artistas e á creación contemporánea. Os artistas invitados desenvolverán unha producción na que traballarán conxuntamente con deseñadores, impresores, distribuidores e editores, locais e internacionais. Estas producións asumirán formas moi heteroxéneas:
- Edición dixital
- Edición diaria
- Edición volandeira
- Edición musical
- Colaboracións con prensa diaria ou especializada
- Colaboracións con televisión e radio
Artistas: Francesc Ruiz, Dora García, Julia Montilla, Joan Morey, Esferobite, As Garotas, María Ruido, Martín Pena, Isaac Pérez Vicente (en colaboración con Anxo Rabuñal), etc.
6.2. Espazo de documentación
Trátase de xerar un espazo onde atopar información sobre os artistas galegos máis interesantes e sobre as áreas e estruturas de traballo máis innovadoras e experimentais. Este espazo ofrecerá aos artistas unha especie de “escaparate de visibilidade”, e aos investigadores (especialmente os foráneos non coñecedores da arte galega) un lugar onde dispor con facilidade de materiais para o estudo e a elaboración de proxectos. É como unha tarxeta de presentación e, sobre todo, un lugar de referencia que facilite o coñecemento da escena galega. Un arquivo en proceso sobre artistas e proxectos galegos, e un espazo no que gardar a documentación xerada polo propio Proxecto-Edición: publicacións, revistas, notas de prensa, informacións dixitais, dossiers e compilacións de audio e música, textos publicados ou non, etc.
6.3. Web-Portal
Pensado como lugar de referencia, como espazo de acceso, como ventá ao mundo e como elemento informador do proxecto. Actualmente a diversidade de solucións que ofrece a tecnoloxía fai necesario presentar a web como espazo de arquivo da documentación, mediante bases de datos e espazo de consulta, e difusión das actividades mediante un boletín periódico.
6.4. Exposición
Trátase de presentar o estado da cuestión do tema seleccionado para cada ano, a través dos proxectos producidos e da selección de obras, documentos e edicións sobre o tema. É un espazo de visibilidade específico, regulado polas determinacións de todo proxecto expositivo, que se complementará coas diferentes actividades anuais do Proxecto-edición.
Exposición: PaperBack, un proxecto expositivo con libros de artista, a cargo de Amanda Cuesta.
6.5. Distribución
Editar é relativamente doado, o difícil é o alcance e a distribución dos materiais. Ademais de utilizar a web como axente difusor e distribuidor, será preciso contar coas colaboracións e contactos de proxectos de distribución.
6.6. Colaboracións
Trátase de xerar unha rede de colaboracións e proxectos compartidos en toda Galicia, tanto con artistas, deseñadores e estudos de deseño, como tamén con institucións actividades propias do ámbito galego tales como o Salón do Cómic da Coruña, IGI, Facultade de Belas Artes, Escola de Xornalismo, Documentalistas, etc.
6.7. Talleres e seminarios
Cada ano desenvolveranse unha serie de actividades (talleres, seminarios, encontros, ciclos de conferencias e presentacións) que ofrecen dimensións específicas sobre o tema anual. Os previstos para 2006 son os seguintes:
6.7.1 - Escribir na era dixital: ciclo de conferencias.
Escribir é unha actividade que se ve alterada polo efecto das tecnoloxías electrónicas, tanto no eido da produción como da xestión, do acceso e da distribución. Este ciclo de conferencias pretende analizar o estado da cuestión desta transformación coas seguintes participacións:
- O futuro da escritura
- A escritura a tempo real
- A escritura interactiva
- A edición como industria cultural
- Escritura e textualidade no universo dixital: Domenico Fiormonte, Universidad de Roma Tre
- Textualidades electrónicas
- A escritura e a actualidade: Antoni Abad, artista
6.7.2 – O diario a día de hoxe: taller de artista.
Francesc Ruiz desenvolverá un diario durante 40 días que formalizará na súa obra La Cosa. Como complemento ao mesmo, e para propiciar un contacto con sectores da cidade relacionados co mundo do cómic, a performance, etc., organízase un taller dunha semana no que se analizarán o compromiso do artista coa súa obra e coa actualidade, a disciplina como forma de traballo, a autoesixencia, o risco, a definición do formato da obra como elemento decisivo e, sobre todo, a obra como rexistro dunha visión da actualidade e da realidade.
6.7.3 – Construcións da información de actualidade. Seminario
O deseño da información é resultado dun cambio nos medios de comunicación por efecto das tecnoloxías dixitais, que propician ferramentas e procedementos moi efectivos á hora de cimentar construcións da realidade e da actualidade. Hoxe, as noticias ofrecen unha excelente oportunidade para de-construír o universo construtivo da noticia. A actualidade que amosan os media é produto dun deseño.
O deseñador é o primeiro que intervén na información, visualizándoa na súa totalidade, facéndolle gañar ao lector unha boa posibilidade de comunicación integral. Unha páxina ben deseñada potencia o contido informativo. Por iso, cando falamos de construcións de información non estamos falando tan só dun contido específico, senón dunha actitude diferente no ámbito da comunicación.
Este seminario contará coa participación dos seguintes profesionais:
- Director de arte de periódico ou revista
- Periodismo visual explícito
- Tipografía
- Blogs
6.8. Encontro-feira
Espazo de encontro para profesionais (especialmente profesionais independentes) do deseño e da edición, impresores, editores, artistas, plataformas e estruturas activas neste campo. Non se trata tanto de dar visibilidade e de propiciar encontros entre o mundo da edición comercial, como de pulsar a realidade independente, experimental e alternativa.
Autoedicións, libros de artista, revistas alternativas, fanzines, fotocopias, carteis, etc. serán a base dos materiais que se presentarán neste encontro-feira.
En documento aparte acompáñanse presentacións persoais de cada artista + avances dos proxectos que queren desenvolver.
Departamento de Comunicación del Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO)