Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Rede Galega de Teatros e Auditorios programa ata finais de xuño un total de 399 funcións de teatro, danza, música e maxia

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrecerá durante o primeiro semestre de 2006 un total de 399 novas funcións escénicas e musicais nas que participarán 71 formacións artísticas de carácter profesional. O circuíto que distribución que promove a Consellería de Cultura e Deporte a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) abriu o ano coa cifra récord de 45 concellos e entidades asociadas (20 da Coruña, 7 de Lugo, 3 de Ourense e 15 de Pontevedra) e co propósito de emprender a súa remodelación mediante os traballos da denominada Comisión Técnica de Reforma, que vén de celebrar a súa primeira xuntanza en Santiago.

A devandita Comisión, integrada por representantes da administración, das salas de exhibición e dos colectivos artísticos do sector escénico-musical, sentou as bases para chegar á uniformización dos criterios de contratación e condicións de inclusión da Rede Galega de Teatros e Auditorios, tanto no tocante ás compañías coma aos espazos participantes; así como novos mecanismos para acadar unha maior proxección na sociedade.

PRESENZA DE 51 COMPAÑÍAS DE TEATRO

Este grupo de traballo desenvolverá a súa actividade paralelamente ao funcionamento da Rede durante este semestre, para o que xa está pechado un calendario de actividades no que o teatro segue a ter a presenza máis destacada. Serán 51 compañías de tódolos xéneros, 46 delas galegas, as que levarán a cabo 368 representacións. A programación prevista complétase coas actuacións de 13 grupos e intérpretes de música clásica, folk e tradicional, que protagonizarán 15 recitais; 1 grupo de danza, que fará 3 funcións; e 6 de maxia, xénero que poderá presenciarse en 13 ocasións.

As 45 localidades que conforman a Rede Galega de Teatros e Auditorios na actualidade son Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo, Cariño, Cedeira, Cee, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Muros, Narón, Noia, Oleiros, Ortigueira, As Pontes, Sada, San Sadurniño, Burela, Foz, Lugo, Monforte, Ribadeo, Vilalba, Viveiro, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Cambados, Cangas, Vigo, A Estrada, Gondomar, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Tui, Vigo, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. O último socio en formalizar a súa adhesión foi o Concello de Vigo, que aporta ao circuíto o seu Auditorio Municipal. Con esta incorporación a cidade olívica suma un segundo espazo á Rede, ao vir disfrutando xa da programación o Centro Cultural Caixanova, un dos seus membros fundacionais en 1996.

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, creada polo IGAEM co obxectivo de optimizar os recursos para a programación de espectáculos entre as administracións municipal e autonómica mediante a financiación compartida da metade dos custos de caché das compañías. Nos últimos dez anos o programa consolidouse como a principal plataforma para a distribución dos espectáculos galegos, ao pasar dunha primeira programación anual en 1997 con 176 representacións ata as 519 funcións coas que se pechou o pasado 2005.
Gabinete de Comunicación do IGAEM

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información