XIII Premio Lueiro Rey de Novela Curta (2006): la obra Xulio-Agosto, de Manoel Riveiro Loureiro se proclama ganadora
O Iltmo. Concello do Grove e Sotelo Blanco Edicións S. L. comunican que o sábado, día 28 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello do Grove, faise entrega do PREMIO MANUEL LUEIRO REY DE NOVELA CURTA 2005.
O xurado formado por D. Xesús Alonso Montero, D. Manuel Quintáns Suárez, D. Francisco Martínez Bouzas, D. Armando Requeixoe D. Paulino Martínez Pereiro, e que se reuniu no Grove o día 19 de novembro do 2005; acordou declarar como obra gañadora da presente edición a novela presentada baixo o título XULLO-AGOSTO,de D. Manoel Riveiro Loureiro. O Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta está dotado con 3.000 euros para a obra gañadora. Así mesmo, o xurado acordou outorgarlle un accésit a LICOR DE ABELÁ CON XEO, de Xurxo Sierra Veloso. Ámbalas dúas obras publicadas por Sotelo Blanco Edicións.
En XULLO-AGOSTOun home está a punto de morrer. Sentindo próximo o seu pasamento pon as súas minguadas forzas para descubrir en si mesmo, escaravellando no máis escuro dos seus miolos, cal é o feito degradante que acotío lle veu amargando a vida ao longo de moitos anos.Velaquí un remexer da conciencia, a férida doenza dun remordemento puro, xusto no transo de un dispoñerse a deitar o derradeiro alento namentres a memoria resucita naqueles días no Ferrol máis enxebre e mariñeiro cando o terror todo o asolagaba. «O medo é o peor que hai. O medo anula. O medo é algo tan destrutivo que pode botar por terra ata os máis altos valores humanos. Verdadeiramente o medo fai de calquera un bandallo». Na novela entrecrúzanse o pasado e o presente do protagonista, conseguindo así unha perfecta simbiose entre os dous eixes temporais que forman a historia. Deste xeito, o autor trasládanos, a través dos pensamentos do protagonista, á vila de Ferrol en pleno verán de 1936.
O xurado destacou a frescura do seu estilo e a naturalidade da narración que move ao lector a través do tempo.
En LICOR DE ABELÁ CON XEO a vila do Pousadoiro prepárase para a entrega do seu premio anual de novela. Este acontecemento serve de homenaxe a Serafín Leira da Chave, ilustre poeta local ao que todos admiran, agás a súa viúva, que non esquece os soños aos que tivo que renunciar por culpa do matrimonio. Pero aínda hai máis veciños pendentes do veredicto do xurado: un camareiro de espíritu afouto e ideas subersivas, un empresario de pompas fúnebres, un alcalde de vocación algo indecisa, un empregado de banco con escasa capacidade comercial... Mentres tanto, no único restaurante do lugar, os membros do xurado deliberan, disimulan as súas pequenas xenreiras, espallan sobre a mesa as vaidades propias do oficio, procuran en balde a definición de novela perfecta e, por suposto, toman licor de abelá. Uns e máis outros poñen de manifesto que o mundo literario non sempre é tan solemne como semella. Pola contra, ás veces agroman nel contradicións ben rechamantes. A envexa, a mediocridade e o fracaso mestúranse de xeito sorprendente coa tenrura, o amor e a esperanza.
O xurado destacou como principais virtudes un estilo depurado e o feito de mesturar diferentes personaxes e as súas vidas de xeito que unhas se complementan con outras.
Son, como vemos, dúas novelas absolutamente diferentes, unha realista, sobre a Guerra Civil, e a outra novidosa e áxil, onde o motivo central é a entrega dun premio literario.

www.soteloblancoedicions.com