Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Fernando Pérez-Barreiro Nolla e Iolanda Galanes Santos, gañadores do V Premio de Tradución Plácido Castro

A Fernando Pérez-Barreiro Nolla, pola tradución de Breviario do pensamento clásico chinés, e a Iolanda Galanes Santos pola tradución de A herdanza dos caracteres adquiridos de Michel Delsol.

Igualmente, o xurdado declarou como finalistas a Ramón Iglesias Míguez, pola tradución de A Casa de veraneo de Kneller, de Ha-Kaitanah Shel Kneller, primeira tradución do hebreo ao galego; e a Xoán Garrido Vilariño, pola tradución de Historia de Shoah, de Georges Bensoussan.

O xurado, integrado por: Asociación de Traductores Galegos (Xosé María Gómez Clemente); Fundación Plácido Castro (Xulián Maure); Real Academia Galega (Francisco Fernández Rei); Universidade de Vigo (Auria Fernández Rodríguez); Xunta de Galicia (Carlos Arias Iglesias); e Secretaria: María del Mar Gómez (IGADI), destacou a calidade das obras premiadas.

É a terceira vez que se falla ex aequo este Premio, dotado con 3.000 euros e único no seu tipo en Galicia. Na primeira edición recaeu en Lois Tobío e Valentín Arias; Xesús Riveiro Costa; Enma Lázare; e Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia, foron os gañadores das catro anteriores edicións.

O premio será entregado o 28 de xaneiro en Cambados, vila onde faleceu Plácido Castro.

Igualmente, a Fundación convoca en Santiago a VII Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o próximo 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio do autor, no Club Internacional de Prensa, para abordar o panorama da prensa galega en tempos de Plácido Castro, da man de Luís Álvarez Pousa, profesor da USC e membro do Consello Asesor do IGADI.
Fundación Plácido Castro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información