Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A sétima edición do Salón do Libro de Pontevedra recibirá a vsita de 4.000 escolares da comarca

A sétima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra agrada a visita de 4.000 estudiantes procedentes dos centros educativos da comarca. 6 centros de secundaria e 32 de infantil e primaria teñen garantida a súa participación nas 13 xornadas de obradoiros para escolares: o obradoiro de escrita que impartirán Tagen Ata; o de ilustración a cargo de Noemí López e de Kiko da Silva, autor da mascota do Salón, o Lobo Orbil; un novedoso obradoiro de medio ambiente que dirixirán Papventos e os espectáculos de contacontos con Pavís Pavós, Raquel, Regueifeiros e David Pernas, o primeiro contador en masculino que participa no Salón. Con todo, as visitas concertadas para escolares se seguirán programando ata o vindeiro 3 de marzo, data na que o Salón pecha as súas portas por este ano.

Son algúns datos que se puxeron enriba da mesa en Pontevedra, na rolda de prensa celebrada no Concello. A edil de cultura, María Xesús López Escudeiro salientou o seu carácter colectivo como característica esencial e diferenciadora da cita pontevedresa cos libros. A concelleira significou tamén cómo o Pazo da Cultura cobra vida coa escenografía que aporta a celebración do Salón, que transforma o seu interior e manifestou a importancia deste evento na política cultural do Concello, como entidade promotora. María Xesús López Escudeiro asegurou que o Salón é xa un referente internacional no eido da literatura infantil e xuvenil, feito que fai necesaria amplia-la súa proxección exterior e que motivou que a semana pasada fose presentado en Madrid en senllos actos celebrados na Residencia de Estudiantes e na Casa de Vacas do Parque do Retiro, coincidindo tamén coa celebración do Salón do Libro Infantil de Madrid.

María Encinas, en representación dunha das entidades colaboradoras, a Fundación Caixa Galicia, asegurou o interese desta institución en apoia-lo Salón. “É unha actividade xa consolidada e fabulosa que abrangue dous aspectos moi importantes para nós –engadíu Encinas-, trátase dun evento cultural que se dirixe á infancia e á mocidade”.

En representación doutra administración promotora, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, intervíu a delegada provincial de cultura, Marta Souto. Souto puxo de relevo que é a primeira vez que a Xunta participa na organización do Salón, “unha aventura apta para tódolos públicos –manifestou-, coa que a Consellería tiña que estar”. Souto asegurou o éxito desta sétima edición por canto se trata dun evento consolidado no panorama nacional e fóra das nosas fronteiras que facilita ó acceso da sociedade ós libros”.

A coordinadora do Salón, Helena Torres, explicou o artellamento do Salón. Unha cita na que importa tanto o que se conta como o xeito no que se relata. Por unha banda, o espazo físico do Pazo da Cultura aparece transformado dacordo co tema elexido, nesta ocasión, a Natureza. As decoracións e as exposicións, moitas delas feitas en exclusiva para o evento, como a realizada cos traballos dos escolares, crean un ambiente máxico, “de conto”. Tamén as actividades, conferencias, obradoiros para nenos e maiores e espectáculos teñen na Natureza o seu motivo principal.
Torres ofreceu unha escolma das personalidades que intervirán nesta sétima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: os escritores Ana María Matute, Antonio Rodríguez Almodóvar, Ramón Caride, Carlos Reigosa, Francisco Fernández Naval, así como os ilustradores Pablo Amargo e Kiko da Silva, entre outros.

Susana Trigo, en representación doutra entidade promotora, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, agradeceu a excepcional resposta da comunidade educativa, o que vai propiciar que uns 4.000 escolares visiten o Salón, a razón de 500 por día. Esta masiva afluencia de público infantil xa asegurado, vai requerir, afirmou “un esforzo especial de coordinación e de monitores” que o Salón afronta con entusiasmo porque nel colaboran máis dunha trintena de colectivos e de persoas que, a título individual tamén, aportan ilusión, ideas, experiencia e traballo. Trigo indicou que a escolla da Natureza como fío argumental pretende formar ós pequenos lectores como cidadáns do futuro comprometidos co seu entorno e co máis importante patrimonio da humanidade.

Gabinete de prensa do Salón do Libro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información