Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Colexio de Fonseca acolle ata comezos de marzo a exposición Tientos e silencios. Jesús Bal y Gay (1905-1993)

Ao acto de apertura asistiron, entre outros, o reitor da USC, Senén Barro; a conselleira de Cultura da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo; o presidente da SECC, José García-Velasco; a directora da Residencia de Estudiantes, Alicia Gómez-Navarro; o comisario da mostra, Carlos Villanueva; a concelleira de Cultura e Turismo de Lugo, Concepción del Burgo; a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto; e os vicerreitores de Extensión Cultural e de Coordinación do Campus de Lugo, Mar Lorenzo e Carlos Herrero, respectivamente.

Todas as institucións organizadoras colaboraron nesta mostra para “devolver” ao compositor, musicólogo e ensaísta galego Jesús Bal y Gay “ao lugar que merece ocupar dentro da historia intelectual contemporánea”, como sinalou José García-Velasco, “non só polo seu legado musical e textual senón tamén polo labor de conexión que realizou entre as diversas artes tanto dentro coma fóra de España”. Na súa prolífica vida personal e académica incidíu tamén a directora da Residencia de Estudiantes, da que Bal y Gay foi un “destacado alumno” e “un perfecto exemplo do espírito da casa, do modelo de intelectual e creador que a Residencia e o seu director Alberto Jiménez Fraud se propuxeron formar seguindo as liñas pedagóxicas da Institución Libre de Enseñanza”. Deste xeito, coa exposición téntase achegar a figura de Bal y Gay aos galegos e á sociedade en xeral para así, segundo afirmou Concepción Burgo, “arranxar o esquecemento no que inxustamente permaneceu o intelectual lugués”.

Na inauguración, na que a conselleira de Cultura cualificou a Bal y Gay como “un dos máis prestixiosos nomes da nosa historia cultural”, o reitor lembrou a homenaxe que xa se lle fixera en 1980 na USC coa estrea en España do seu Divertimento para cuartetos de maderas, dentro dos Xoves Musicais da Universidade, e máis recentemente dándoselle o nome de Bal y Gay á residencia que a institución docente ten en Lugo. “Jesús Bal y Gay”, rematou o reitor, “quedará vinculado á memoria desta Universidade, na que cursou estudos nos anos 30, ao manter unha íntima relación con estudantes e profesores nos anos 1927 e 1928 e, máis adiante, na tarefa de construír un ideario galeguista, progresista e de vangarda”.

A mostra

‘Tientos e silencios. Jesús Bal y Gay (1905-1993)’, que se pode visitar ata o 5 de marzo no Colexio de Fonseca, reconstrúe a biografía intelectual e vital de Jesús Bal y Gay e percorre as diversas etapas da súa vida en Galicia, Madrid, Cambridge e México, así como as facetas que marcaron a súa traxectoria vital e o seu protagonismo como intelectual da Idade de Prata.

Seguindo unha estrutura cronolóxica, as obras, fotografías e documentos reunidos nesta exposición permiten seguir a brillante e polifacética traxectoria intelectual e artística de Bal desde o seu Lugo natal ata o seu regreso a España despois de case tres décadas no exilio. O itinerario percorre a súa nenez e mocidade en Lugo, onde Bal iniciou os seus estudos musicais e estableceu contacto co grupo da revista Ronsel; a súa relación co mestre Manuel de Falla, máis persoal a partir do casamento de Bal coa discípula de Falla, Rosita García Ascot, en 1933; a súa amizade co núcleo intelectual madrileño do contorno da Residencia de Estudiantes, onde Bal viviu entre 1925 e 1933; o seu estreito vencellamento, a partir de 1927, co Seminario de Estudos Galegos; as súas colaboracións na prensa, principalmente dende as páxinas de El Pueblo Gallego de Vigo; a súa estadía en Cambridge entre 1935 e 1938 como lector de español e os seus vinte e sete anos de exilio en México, nos que desenvolveu un prolífico e pouco coñecido labor como musicólogo, ensaísta, colaborador en prensa e compositor que o converteron en referente da vida musical mexicana, na que se movía en irmandade cos grandes músicos da Edad de Plata (Adolfo Salazar ou Rodolfo Halffter), baixo a sombra protectora do mexicano Carlos Chávez. De regreso a España, non obstante, logo dunha primeira etapa de éxitos e da estrea dalgunha das súas obras, foi caendo paulatinamente no esquecemento e no silencio, só roto en contadas ocasións por algunhas homenaxes e recoñecementos dos que viron nel un modelo a seguir.

A exposición, que en marzo se trasladará a Madrid, poderá visitarse de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas e o domingo de 11:00 a 14:00 horas.
Gabinete de Comunicación da USC

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información